Kamil Jan Jóźwiak, nado en Międzyrzecz o 22 de abril de 1998, é un futbolista polaco que xoga como extremo no Granada, de Segunda División.
Traxectoria Tras xogar no equipo xuvenil do Lech Poznań e no filial, o 28 de febreiro de 2016 debutou co primeiro equipo nunha derrota por 0-2 ante o Jagiellonia Białystok. En 2017 foi cedido ao GKS Katowice. En setembro de 2020 asinou polo Derby County inglés.
O 11 de marzo de 2022 asinou un contrato de tres anos co Charlotte FC, equipo da Major League Soccer dos Estados Unidos. En febreiro de 2024 volveu a Europa e fichou polo Granada da Primeira División.
Selección polaca O 19 de novembro de 2019 debutou coa selección absoluta de Polonia ante Eslovenia, nun partido de clasificación para a Eurocopa 2020.
Disputou tamén a fase final do torneo, onde deu unha asistencia a Robert Lewandowski ante España.
Notas
Categoría:Nados en Polonia Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas de Polonia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Derby County FC Categoría:Xogadores do Lech Poznań Categoría:Xogadores da Major League Soccer Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Polonia