miniatura|300x300px| Partida de flunkyball nun festival O flunkyball ([ˈflʌŋkiˌbɔːl] ou [ˈflʊŋkiˌbal]), tamén coñecido como bierball, é un xogo de beber por equipos.

Regras do xogo miniatura| Debuxo dun campo de Flunkyball: os equipos A e B sitúanse detrás das liñas de base, co obxectivo F no medio. Dous equipos colócanse en fila, un fronte ao outro, a unha distancia aproximada de 10 metros. O número de xogadores por equipo non é fixo, pero adoitan ser equipos de entre 3 e 8 persoas. Cada xogador ten unha botella ou lata de cervexa diante, apoiada no chan e aberta. No centro do campo, entre os dous equipos, hai un obxectivo que normalmente consiste nunha botella chea de líquido entre un cuarto e a metade da súa capacidade. Os xogadores deben lanzar a pelota para golpear esta botella e botala ao chan.

O equipo que ten a pelota dispón dun intento para golpear o obxectivo con ela. Se consegue derrubalo, o equipo que fixo o lanzamento pode comezar a beber cervexa, tanta e tan rápido como poida. O equipo contrario debe volver colocar o obxectivo en pé e levar a pelota detrás da súa propia liña. En canto o equipo contrario teña restablecido o campo de xogo, berra en voz alta "Stop!", momento no que o equipo que lanzou debe deixar de beber inmediatamente. Cando ambos equipos estean de novo preparados, o outro equipo pode facer o seu lanzamento. No momento en que un equipo remate de beber todas as súas cervexas, ese equipo gañará a partida.

Penalizacións Pódense impor sancións, por exemplo, se un xogador comeza a beber antes de tempo, se continúa bebendo despois do berro de "Stop!" ou se vomita. Tamén se penaliza o vertido de cervexa (por exemplo, cando a botella se desborda por exceso de escuma ou se envorca). As posibles sancións poden incluír unha “cervexa de penalización” para o xogador infractor, a perda dunha quenda de lanzamento ou un grolo a favor do equipo contrario. O que se considera infracción e como se sanciona varía segundo o lugar.https://www.uni-muenster.de/FSMI/downloads/page/1081/Flunkyball-Regelwerk-2024.pdfhttps://web.archive.org/web/20210710194230/https://www.chemie.uni-wuerzburg.de/fileadmin/34080000/Party/SS_17_Sommerfeier/Flunkyball_Regeln_2017_Version_3.pdfhttps://web.archive.org/web/20181206001749/https://www.frequency.at/wp-content/uploads/sites/17/Regeln_FQ18_Flunkyball-World-Championship.pdf

Variantes As regras do flunkyball varían dun lugar a outro e adoitan establecerse só ao comezo da rolda, ou mesmo durante o xogo. As distancias entre os lanzadores e o obxectivo son variables. Nalgúns casos, abonda con poñer o obxectivo en pé para berrar "Stop!", sen ter que levar a pelota tras a liña do equipo. En lugar dunha pelota, tamén se pode utilizar unha botella de plástico ou unha cebola como obxecto lanzadoiro. No canto de cervexa, a partida tamén se pode xogar con bebidas sen alcohol, como refrescos ou auga. A cantidade que se debe beber tamén varía, aínda que o máis habitual son botellas de entre 0,5 l e 1,5 l.

Difusión O flunkyball xógase habitualmente en verán e en espazos verdes como parques e xardíns. Tamén é común xogalo en festivais de música. É especialmente popular na cultura universitaria alemá. Por exemplo, o Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe celebra un campionato anual de flunkyball.https://www.facebook.com/groups/419614684759731/ A maior competición de flunkyball en Alemaña é a que se celebra na cidade de Elmshorn cada maio. Curiosamente, o termo flunkyball é máis común nos países de fala alemá que no mundo anglófono.

O actual récord mundial da maior rolda de flunkyball xogada aconteceu o 31 de maio de 2024 en Leipzig, onde 1323 persoas xogaron unha rolda do deporte á vez, sendo coñecido nesta cidade como Bierball.

Orixe e historia As primeiras partidas de flunkyball xogáronse a comezos dos anos 2000 e empregábanse latas de cervexa no centro, que había que derrubar. Nas primeiras variantes xogábase cun puck (unha lata de cervexa esmagada en forma de disco de hóckey), cunha pelota ou cun pau. Coa introdución en Alemaña da obrigatoriedade uniforme do depósito para latas de cervexa o 1 de maio de 2006, a variante co puck foi perdendo popularidade. O primeiro campionato do mundo celebrouse en 2005 en Darmstadt, onde un equipo de Dillenburg conseguiu facerse coa vitoria.https://dieraecherin.blogspot.com/2005/06/so-dass-habe-ich-so-eben-im-internet.htmlhttps://stadtleben.de/darmstadt/kalender/2006/08/05/2-offizielle-flunkyball-wm/

Recepción en medios Nun videoclip da banda Kraftklub de Chemnitz amósase unha partida de flunkyball.

Flunkyball é tamén o nome dun filme de ficción de Alexander Adoplh do 2023. O xogo aparece soamente nunha escena.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Flunkyball en Spielwiki.

Categoría:Cervexa Categoría:Xogos