En defensa do mestrado de Matemáticas da USC foi unha plataforma que se creou en 2025 para defender o mantemento do máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Contexto O decreto de graos de 2011, acordado polas tres universidades públicas galegas, establecía que a matrícula mínima para os másteres non interuniversitarios sería de 16 estudantes.

O mestrado de matemáticas non acadou este límite nos últimos tres anos. A lei, con todo, inclúe a súa propia excepción: a singularidade do programa. Isto ocorre cando se cumpre un destes tres preceptos: o máster debe estar directamente vinculado a unha liña de investigación de acreditada excelencia internacional, debe estar vinculado á rede de centros de investigación do sistema universitario de Galicia ou debe estar vinculado a "sectores considerados estratéxicos polo Goberno de Galicia".

O 12 de maio de 2025, a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia decidiu non outorgar singularidade ao máster de matemáticas, provocando o cesamento do mestrado para o curso 2025/26.Véxase Singularidade_de_máster_universitario#Efectos

Mobilizacións O alumnado e o profesorado da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela organizaron tres asembleas como actos de protesta pola situación do Máster de Matemáticas.

A primeira celebrouse o 20 de maio de 2025, coa participación activa da comunidade universitaria. A segunda tivo lugar o 26 de maio de 2025, tamén na Facultade de Matemáticas, en defensa do máster, que deixará de ofertar novas prazas o vindeiro curso.

Durante esta segunda asemblea, estudantes, investigadores e docentes criticaron con dureza á Xunta de Galicia por suspender a titulación sen "ningunha avaliación técnica transparente". Subliñaron que este máster constitúe a vía de acceso ao doutoramento e "a única opción de formación superior en matemáticas en toda Galicia". Reclamaron a reversión da medida, advertindo de que obrigará ao estudantado a desprazarse fóra do país, poñendo así en risco a continuidade da investigación, a formación do profesorado e a proxección científica galega.

Como medida de presión, puxeron en marcha unha campaña de recollida de sinaturas, que superou as 2.500 adhesións, entre elas as de prestixiosos investigadores a nivel estatal. As persoas participantes non descartan novas mobilizacións.

Unha terceira asemblea celebrouse o 4 de xuño de 2025 no Aula Magna da Facultade de Matemáticas, aberta a toda a comunidade. Nela informouse sobre os últimos avances, os apoios recibidos —incluíndo o respaldo de diversas sociedades matemáticas galegas e estatais— e as preocupacións derivadas do anuncio oficial da Xunta de que o máster non se impartirá no curso 2025/26.

Durante o encontro, reiterouse a importancia estratéxica do máster como única vía de formación superior en matemáticas na comunidade e como acceso ao doutoramento, e denunciouse a falta de vontade política para garantir a súa continuidade.

Tamén se anunciou unha concentración diante do Parlamento de Galicia o 11 de xuño, coincidindo cunha sesión plenaria, como acto de protesta pola desaparición da titulación. A decisión do goberno autonómico de non concederlle un status de singularidade deixou fóra ao máster da oferta pública para o vindeiro curso, feito que se percibe como un retroceso grave para a investigación matemática e a formación científica en Galicia.

Máis de cen persoas, entre estudantes, profesorado e investigadoras, concentráronse o 11 de xuño de 2025 diante do Parlamento de Galicia para esixirlle á Xunta de Galicia que rectifique a súa decisión de suspender o máster en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, con lemas como "sen mates non hai universidade", "non mates as Mates", "Román, atende, as mates non se venden" o "queremos estudar sen emigrar". A protesta coincidiu coa sesión parlamentaria na que os grupos do BNG e do PSdeG levaron unha pregunta ao conselleiro sobre a anulación do máster, que xerou un rexeitamento xeneralizado na comunidade académica gallega, e coa cerimonia de graduación do máster en matemáticas 2024/25. Ana Pontón e Xosé Ramón Gómez Besteiro saudaron aos manifestantes. Máis de 100 persoas asistiron á manifestación.

O 23 de xuño, a plataforma, xunto co Consello do Estudantado da USC, lamentou a "morte das matemáticas en Galicia" tras a desaparición do máster na Universidade de Santiago, unha vez aberta a prematrícula para o curso 2025/26. Neste contexto, a Plataforma en Defensa do Máster en Matemáticas, co apoio do alumnado, esixiu a dimisión do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, pola súa "responsabilidade directa" neste proceso.

O 25 de xuño, Alberto Cabada, decano da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, no marco da plataforma, solicitou unha "reunión urxente" con Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para reverter a eliminación do Máster en Matemáticas do catálogo para o próximo curso académico. A isto súmanse case 5.000 sinaturas cidadás.

O 1 de xullo, a Universidade de Santiago de Compostela dixo que desenvolveríase nas próximas semanas un Consello de Goberno extraordinario, convocado por iniciativa directa do propio órgano, logo de que máis da metade do censo incluíndo representantes do profesorado, do Ptxas (Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos), e do estudantado asinasen unha solicitude impulsada pola plataforma.

O 5 de xullo, no acto de toma de posesión do decano da Facultade de Matemáticas, sinalou que traballarán con determinación para «reverter esta situación».

O 12 de xullo, organizaron actividades de divulgación das matemáticas en Lalín co lema «Non mates as mates».

O 18 de xullo, ponse fin ás mobilizacións unha vez que o conselleiro e decano se reúnen para acordar a continuación do máster para o curso 2026-2027 cunha nova proposta de máster.

Apoios

Políticos

Sumar Galiciareclama á Xunta que manteña o Máster en Matemáticas da USC.

Partido dos Socialistas de Galicia reclamou á Xunta que autorice "de forma inmediata" a continuación do máster en matemáticas da USC. Este grupo incluíu unha pregunta sobre o asunto na orde do día da sesión plenaria do Parlamento de Galicia do 10 de xuño (punto 8.5, 12/PUP-000116), presentada por Julio Ernesto Abalde Alonso e outros membros do grupo.de Galicia, Parlamento (2025-06-03). "Convocatoria da sesión plenaria do 10 de xuño de 2025". Parlamento de Galicia. Consultado o 2025-06-04.

A asociación Erguer - Estudantes da Galiza apoia a plataforma.

Ana Miranda Paz, do Bloque Nacionalista Galego, apoia a plataforma. O 4 de xuño, o BNG no Parlamento de Galiza reuniuse con profesores de matemáticas da USC para tratar o peche do máster. Ademais, o deputado Daniel Castro García rexistrou unha pregunta parlamentaria na orde do día da sesión plenaria do Parlamento de Galicia do 10 de xuño (punto 8.6, 12/PUP-000117) para coñecer as previsións da Xunta respecto da oferta do máster en matemáticas no curso 2025/26. Daniel escribiu un artigo de opinión para Galiza Nova criticando a privatización da universidade, dicindo que "non o pasado maio, podemos ler que o goberno do PP decidiu non ter ningún tipo de diálogo co sector e acabar unilateralmente dando clases de Matemáticas na USC". O BNG dixo o 11 de xuño denunciou na súa páxina web o peche do Mestrado en Matemáticas da USC "como un ataque á universidade pública".

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou o 24 de xuño que a defensa do máster en matemáticas "é un dos temas que se tratarán no próximo pleno municipal", que se celebró o xoves 26 de xuño. A edil agarda que haxa "unanimidade" entre os grupos municipais á hora de solicitar a "recuperación" e a "permanencia" do programa de posgrao en cuestión. O pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou por unanimidade la declaración institucional de apoio á continuidade do Máster en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela. A moción contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego, Compostela Aberta, o Partido Socialista Obreiro, o Partido Popular e os concelleiros non adscritos.

Outros A presidenta da Real Sociedade Matemática Española e docente da USC Victoria Otero apoia a plataforma recoñecendo a importancia das matemáticas.

O decano da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, Alberto Cabada, elixido hai menos dun mes, quen critica a decisión da Xunta de Galicia, xa que cre que a cualificación "sempre foi singular". A Xunta de Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela manifestou publicamente o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de suspender a oferta de novo ingreso no Máster Universitario en Matemáticas para o curso académico 2025-2026. Nunha declaración institucional, o órgano de goberno da facultade expresou o seu "apoio claro e decidido" á continuidade do máster, que considera unha formación "estratéxica para Galicia".

Por parte da USC, a vicerreitora de Titulacións, María José López Couso, lamenta esta decisión porque implica a perda dunha titulación "diferente" aos outros dous másteres da Facultade de Matemáticas de Santiago porque está máis orientada cara á investigación. A Vicerreitora presentou o 4 de xuño de 2025 un recurso de alzada polo non recoñecemento da singularidade.

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia manifestou o seu sólido e decidido apoio á consideración do Mestrado Universitario en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela como unha titulación chave na formación, determinante na consolidación das carreiras investigadoras e singular dentro do Sistema Universitario de Galicia.

Nuno García Pico dixo en escenario durante unha actuación musical "non ao peche do Máster en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela".

Nun comunicado, a Real Sociedade Matemática Española manifestou o apoio ao Mestrado e dixo que "desde a [Real Sociedade Matemática Española] consideramos imprescindíbel destacar o grave prexuízo social que supón a perda de talento dedicado á investigación e á formación en matemáticas. Esta situación afecta de forma directa á capacidade de desenvolvemento dunha rexión e da súa cidadanía, debilitando o pensamento crítico, o razoamento lóxico e as posibilidades de innovación, tanto a nivel individual como no conxunto do tecido industrial".

Enrique Macías Virgós, exdecano da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, escribiu unha carta ao director de La Voz de Galicia na que afirma que a decisión se interpreta no sentido de que as matemáticas non importan e que ignora o valor estratéxico das matemáticas puras, que son a base da educación STEM e un eixo transversal de toda ciencia.

En xuño de 2025, a Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas denunciou a decisión preguntándose se non sería singular que a maioría dos graduados fosen matemáticos recoñecidos internacionalmente ou galardoados, apoiando a plataforma.

O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela pronuncióuse en apoio á plataforma e permanencia do máster. Segundo declarou, "esta decisión por parte do Goberno galego non obedece a ningún criterio estratéxico ou racional respecto da planificación do noso sistema universitario, senón que é un reflexo da tendencia observada durante os últimos anos de desmantelamento da nosa universidade pública".

María do Carme García Negro escribiu un artigo de opinión no El Correo Gallego titulado "De como a burocracia enguliu as matemáticas", en defensa do Máster e a plataforma.

O profesor Eduardo García Río escribiu unha carta aberta criticando a desaparición do máster.