Belén Funes, nada en Barcelona en 1984, é unha directora cinematográfica española.

Traxectoria Estudou dirección en ESCAC e cursou en Cuba un mestrado en escritura de ficción na EICTV.

En 2015 debutou como directora coa curtametraxe Sara a la fuga, estreada no Festival de Málaga, onde gañou a Biznaga de Prata a Mellor Director e Mellor Curtametraxe.

A súa segunda curta, La inútil (2017), foi nomeada a Mellor Curtametraxe nos Premios Gaudí. En 2018, foi seleccionada para o Talent Lab de TIFF, onde desenvolveu o guión da súa primeira longametraxe, La hija de un ladrón, que se estreou no Festival de San Sebastián e gañou varios premios, incluíndo tres Premios Gaudí e o Premio Goya á Mellor Dirección Novel.

O título da súa longametraxe Los Tortuga, provén desas persoas que, sobre todo nas décadas dos 60, 70 e durante as Olimpíadas do 92, migraron desde Andalucía a cidades do norte como Barcelona.

Notas

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Directores de cinema de Cataluña