Malcom Abdulai Ares Djaló, nado en Bilbao o 12 de outubro de 2001, é un futbolista vasco que xoga de extremo no Real Zaragoza, cedido polo Athletic de Bilbao.
Traxectoria Naceu en Bilbao, de pai vasco e nai orixinaria de Guinea-Bissau. É curmán do tamén futbolista Álvaro Djaló. Comezou a xogar ao fútbol nas canteiras do Deusto, o Danok Bat, o Indautxu e o Santutxu, onde o seu talento chamou a atención do Athletic Club. Despois de xogar unha tempada co primeiro equipo do Santutxu na Terceira División, no verán de 2021 incorporouse ao Athletic, que o destinou inicialmente ao seu segundo equipo filial, o Basconia, na Terceira RFEF.
O seu bo rendemento, así como a necesidade de reforzos do Bilbao Athletic (que loitaba por non descender na Primeira División RFEF 2021/22), supuxeron o seu ascenso ao filial principal a metade de tempada. Alí tivo destacadas actuacións, contribuíndo con seis goles a que o equipo mantivese a categoría.
No verán de 2022 realizou a pretempada co primeiro equipo ás ordes de Ernesto Valverde, e debutou na Primeira División na primeira xornada contra o Mallorca en San Mamés, substituíndo nos últimos minutos a Iñaki Williams. Foi un habitual do filial esa tempada, na que o equipo sufriu o descenso á Segunda Federación, e xogou oito partidos máis co primeiro equipo na parte final da tempada. Porén, só puido gozar dunha vitoria, xa que os resultados non acompañaron ao Athletic, que caeu nas semifinais da Copa do Rei contra Osasuna e rematou a liga na oitava posición, fóra dos postos europeos.
Na tempada 2023/24 xogou 17 partidos co primeiro equipo, e para a seguinte campaña foi cedido ao Zaragoza, da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco