Mario Soberón Gutiérrez, nado en Unquera (Val de San Vicente, Cantabria) o 18 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Albacete Balompié, da Segunda División.

Traxectoria Formado na canteira do Racing de Santander, xogou tres anos co Rayo B, antes de subir ao primeiro equipo da Segunda División B na tempada 2018/19. En xaneiro de 2019, ante a falta de minutos, saíu cedido ao Amorebieta, co que marcou sete goles ata o final da campaña.

En xullo de 2019 asinou un contrato de dous anos co Real Valladolid e foi asignado ao equipo filial, tamén en Segunda B. Porén, o 10 de xaneiro do ano seguinte, fichou polo Atlético Levante, no que xogou durante o seguinte ano e medio.

Na tempada 2021/22 xogou na nova Primeira División RFEF nas filas da SD Logroñés, onde se afianzou na titularidade, sumando nove goles. O 25 de xuño de 2022, fichou polo Eldense, da mesma categoría. Titular indiscutible no ataque do equipo valenciano, contribuíu ao ascenso á Segunda División con 11 goles na liga regular e dous máis na promoción.

Na seguinte campaña debutou na categoría de prata marcando 9 goles en 34 partidos, logrando o primeiro deles ante o Espanyol. Para a tempada 2024/25 fichou polo Real Zaragoza.

Despois de dúas tempadas, o 30 de xuño de 2026 fichou polo Albacete.

Notas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Cantabria Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do SD Logroñés Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores do Real Zaragoza