Fermin Cacho, nado en Ágreda (provincia de Soria) o 16 de febreiro de 1969, é un atleta castelán, xa retirado.

Traxectoria Considerado como un dos mellores atletas españois de todos os tempos, no seu amplo palmarés destaca a medalla de ouro acadada nos 1500 metros nos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992. Foi medalla de prata na mesma proba dos Xogos de Atlanta en 1996.

Sempre na súa proba de 1.500 metros lisos, proclamouse unha vez campión de Europa, nos Europeos de 1994 e tamén posúe unha medalla de bronce obtida no Europeo de 1998.

Nos Campionatos do Mundo, obtivo dous importantes subcampionatos nos anos 1993 e 1997.

En pista cuberta destacan as medallas de prata no Campionato do Mundo celebrado en Sevilla en 1991 e no Campionato de Europa de 1990 en Glasgow.

A súa mellor marca en 1.500 metros de 3:28.95, conseguida o 13 de agosto de 1997 en Zürich, continúa sendo récord de España e de Europa da especialidade, e a quinta mellor marca mundial de todos os tempos.

Mellores marcas

Proba Resultado Data Lugar - 800 m 1:45.37 08/09/1991 Albacete (España) 1500 m 3:28.95 13/08/1997 Zürich (Suíza) Récord de Europa

Categoría:Atletas olímpicos de España Categoría:Mediofondistas Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Nados en Ágreda Categoría:Nados en 1969 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Grandes cruces da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996