O mosaicismo 45,X/46,XY, tamén coñecido como mosaicismo X0/XY e disxenesia gonadal mixta, é unha condición xenética orixinada por unha aneuploidía que afecta ao cromosoma Y e mosaicismo no que un mesmo individuo presenta liñas celulares con cariotipo X0 e outras con cariotipo XY. É un trastorno cromosómico conxénito bastante raro, cunha incidencia estimada de aproximadamente 1 caso de cada 15.000 nacidos vivos. A perda do cromosoma Y que crea o mosaico en homes que previamente non eran mosaicos é máis común conforme aumenta a idade do individuo.
As manifestacións clínicas son moi variables, e van desde unha virilización parcial e xenitais ambiguos ao nacer, ata pacientes que son completamente machos ou femias coas gónadas normais correspondentes. A maioría dos que teñen este cariotipo teñen uns xenitais masculinos externos aparentemente normais, e unha minoría teñen xenitais externos femininos, cun significativo número de individuos que mostran anormalidades nos xenitais ou características sexuais mesturadas. Un número significativamene maior que a media doutras anormalidades do desenvolvemento tamén se atopan en individuos con ese mosaicismo. O desenvolvemento psicomotor é normal.
Signos e síntomas Esta condición pode distinguirse histoloxicamente e polo cariotipo. As características observables (fenotipo) desta condición son moi variables, e van desde a disxenesia gonadal en machos a femias similares ás que teñen síndrome de Turner e a machos fenotipicamente normais. A expresión fenotípica pode ser ambigua, de macho ou de femia, sen importar cal é a extensión do mosaicismo. A presentación máis común do cariotipo 45,X/46,XY é o de macho fenotipicamente normal, e a segunda en frecuencia é a de ambigüidade xenital.
Hai unha variedade de anomalías cromosómicas adicionais dentro do cariotipo 45,X/46,XY que son moi complexas e o resultado final nos individuos vivos tamén o é; por exemplo, poden ter un cromosoma Y con característics estruturais pouco comúns. A maioría dos pacientes con este cariotipo teñen unha histoloxía gonadal anormal e estaturas considerablemente por debaixo do seu potencial xenético. Describíronse niveis altos de gonadotropina tanto en pacientes machos coma femias, así como niveis baixos de testosterona en pacientes machos. A perda da dose normal do xene SHOX está comunmente asociada con ter estatura baixa.45,X/46,XY mixed gonadal dysgenesis . Orfa.net; agosto de 2015. O desenvolvemento psicomotor é normal.Soares H, Maia A, Campos M, Dória S, Lopes JM, Fontoura M. Clinicopathological features of 45,X/46,Xidic(Y) mosaicism and therapeutic implications: case report. Sao Paulo Med J. 2008 Sep;126(5):297-9. doi: 10.1590/s1516-31802008000500012. ; PMCID: PMC11026045.
Como as gónadas poden non ser simétricas, o desenvolvemento dos condutos de Müller e de Wolff poden ser asimétricos tamén. Debido á presenza de tecido gonadal disxenésico e de material do cromosoma Y, hai un alto risco de desenvolvemento dun gonadoblastoma.
Causas
Na situación normal, os homes teñen 46 cromosomas en todas as súas células, entre eles un cromosoma X e outro Y. Porén, cando se forma o cigoto e o embrión, nas súas primeiras divisións mitóticas poden ocorrer erros e o cromosoma Y pode perderse nalgunhas células. As células seguen dividíndose e as que perderon o X dan lugar a unha liña celular 45,X e as que non, a unha liña celular 46,XY, creando un embrión en mosaico do que se orixinará o individuo co cariotipo 45,X/46,XY.45,X/46,XY Mosaicism: Report of 27 Cases . Pediatrics Vol. 104 No. 2 1 de agosto de 1999. pp. 304 -308Science Direct 45,X/46,XY Mosaicism
Hai moitas variación cromosómicas que causan o cariotipo 45,X/46,XY, incluíndo a malformación (isodicentricismo) dos cromosomas Y, delecións do cromosoma Y ou translocacións de segmentos do cromosoma Y.
Diagnose
A identificación do cariotipo 45,X/46,XY ten implicacións clínicas significativas debido aos seus efectos sobre o crecemento, balance hormonal, desenvolvemento gonadal e histoloxía. Diagnostícase examinando os cromosomas nunha mostra de sangue.
A idade da diagnose varía dependendo das manifestacións da doenza, o que motiva a realización de probas citoxenéticas. Moitos pacientes diagnostícanse no período prenatal debido a factores fetais (incremento do pregamento nucal ou niveis anormais de soro), á idade materna ou por un exame de ultrasóns anormal, mentres que outros son diagnosticados posnatalmente debido a malformacións xenitais externas. Non é común que os pacientes sexan diagnosticados posteriormente en etapa máis avanzadas da súa vida debido á súa curta estatura e atraso da puberdade, que se manifestan antes.
O mosaicismo 45,X/46,XY pode detectarse prenatalmente por medio de amniocentese; porén, determinouse que a proporción de células 45,X no líquido amniótico non pode predicir ningún resultado fenotípico, o que fai que o consello xenético prenatal sexa a miúdo difícil de facer.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Disxenesia gonadal Mosaico (xenética) Síndrome de Turner
Categoría:Aneuploidías dos cromosomas sexuais Categoría:Variacións intersexuais Categoría:Anormalidades cromosómicas