Blažka Hauptman, nada en Liubliana o 16 de agosto de 2001, é unha xogadora de balonmán eslovena. Xoga de central no CB Atlético Guardés e na selección feminina de balonmán de Eslovenia.

Traxectoria

Comezou a xogar no ŽRD Litija, e en 2023 fichou polo Atlético Guardés. Malia que en maio de 2024 tivo unha lesión de xeonllo, ese mesmo ano xogou a Eurocopa de balonmán, onde a súa selección ficou eliminada na segunda fase.

Notas

Categoría:Nados en Liubliana Categoría:Nados en 2001 Categoría:Xogadores de balonmán de Eslovenia

Categoría:Xogadores do Atlético Guardés