Rodrigo Leão, nado en Lisboa en 1964, é un músico, instrumentista de teclado e baixo, e compositor portugués, cofundador do grupo Sétima Legião e compoñente tamén de Madredeus.
Traxectoria En 1982 fundou a banda Sétima Legião xunto con Pedro Ayres Magalhães e Gabriel Gomes, membros de Madredeus. O nome escollido era o da lexión romana que foi a Lusitania. Dita banda sería unha grande innovación ao mesturar música folk con electrónica. Aquela experiencia mudou a concepción da música moderna portuguesa ao explorar un campo orixinal e novidoso.
Como artista en solitario segue un camiño instrumental que combina teclados electrónicos e instrumentos de corda clásicos, inspirado ao mesmo tempo pola música erudita e a música minimalista contemporánea. Suspende temporalmente os Sétima Legião entre 1993 e 1996 debido á falta de tempo polo crecente éxito do seu primeiro álbum en solitario. Abandona definitivamente os Madredeus no 1994 para dedicarse por completo á súa carreira en solitario e á preparar os álbums Mysterium (1995) e Theatrum (1996).
Despois de abandonar Madredeus comezou a explorar a combinación das súas composicións clásicas-modernas con formas de canción e instrumentación mais tradicional. Conta sempre con moitos importantes colaboradores, é o caso de Lula Pena ou Adriana Calcanhotto, a cantante brasileira, no CD Alma Mater. Entre os convidados nos seus traballos constan Sónia Tavares e Nuno Gonçalves dos The Gift e Rui Reininho dos GNR que participou na gravación do seu álbum en vivo titulado Pasión. Co disco Alma Mater o músico recibiu dous importantes títulos de recoñecemento público, o de Disco do Ano e o de Artista do Ano.
En 2004 editou Cinema, disco considerado polo editor da revista americana Billboard un dos mellores editados nese ano. Neste traballo participaron Beth Gibbons e Riuychi Sakamoto.
Discografía Con Sétima Legião Glória/Partida (Single, 1983) A um Deus Desconhecido (1984) Mar de Outubro (1987) De Um Tempo Ausente (1989) O Fogo (1992) Sexto Sentido (1999) História da Sétima Legião: Canções 1983-2000 (2000) História da Sétima Legião II: Músicas 1983-2003 (2003)
Con Madredeus Os Dias da MadreDeus (1987) Existir (1990) Lisboa (en directo en Lisboa, 1992) O Espírito da Paz (1994)
En solitario Ave Mundi Luminar (1993) Mysterium (1995) Theatrum (1996) Alma Mater (2000) Pasión (2003) Cinema (2004) O Mundo (1993-2006) (2006) Portugal, Um Retrato Social (2007) A Mãe (2008)
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Web oficial de Madredeus
Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1964