RASD TV é unha canle de televisión estatal en castelán da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). Transmítese dende Rabuni, sede e capital da RASD, nos campos de refuxiados saharauís en Tinduf, Alxeria.

Historia A canle creouse en febreiro de 2004, mais debido ás duras condicións nos campos de refuxiados, non empezou a difundirse de maneira periódica até o 20 de maio de 2009. A canle fixera anteriormente emisións de proba dende 2008, a través do satélite español Hispasat.

Programación RASD TV transmite a diario durante catro horas en sinal terrestre (para o territorio do Sáhara Occidental e os campos de refuxiados en Alxeria) e dúas horas por satélite (para o resto de África, Europa, América e parte de Oriente Medio), co seu conteúdo, composto polos noticieros, entrevistas, documentais históricos e programas culturais, a maioría dos cales atópanse no dialécto hassanía da lingau árabe, así como tamén algúns en castelán.

A canle finánciase principalmente pola Asociación Amistad con el Pueblo Saharauí de Sevilla. A redacción da canle faise por saharauís e conta con material e equipamento doado por canles autonómicas españolas. Entre os seus programas están: Informativo RASD Árabe (diario), Informativo RASD Español (semanal). Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sahara Press Service Castelán saharauí Radio Nacional da República Árabe Saharauí Democrática

Ligazóns externas Sitio web oficial (en árabe e español) RASD TV en LyngSat Address RAST TV en español en Facebook

Categoría:Cultura do Sáhara Occidental Categoría:Canles de televisión