Cristina Cifuentes Bermejo, nada en Valladolid o 30 de outubro de 1993, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de pivote no CB Atlético Guardés.
Traxectoria esquerda|miniatura|Cristina Cifuentes. Chegou ao Club Deportivo Balonmano Aula Cultural en 2005, e o equipo cadete e xuvenil destacou en torneos nacionais de seleccións territoriais nun tridente de primeiras liña onde Cristina se desenvolvía como lateral xunto a Teresa Álvarez, despois cocapitá do Aula Valladolid. Na tempada 2012-13 participou do equipo no ascenso á División de Honor. Nas primeiras tempadas na elite o equipo adestrado por Miguel Ángel Peñas xogou un balonmán moi rápido, e con Silvia Arderius, Teresa Álvarez ou María Prieto Cristina Cifuentes foi pasando ao centro do ataque, entre a defensa rival. En setembro de 2019 sufriu unha dura lesión de nocello que a mantivo oito meses sen xogar, e perdeu a participación do club na Challenge Cup.
Renovou contrato ata 2022, mais nese ano fichou polo CB Atlético Guardés. Por mor das lesións, a adestradra Cristina Cabezas situouna como extremo. Co equipo miñoto participou na EHF European Cup, mais caeron na final ante o Antalya Konyaalti BSK.
Selección Foi habitual coa selección española de balonmán xuvenil e participou no Mundial júnior.
Recoñecementos Medalla e insignia de prata da Federación de Castela e León (2022)
Notas
Categoría:Nados en Valladolid
Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do Atlético Guardés Categoría:Nados en 1993