Elena Amores Arcos, nada en Petrer (provincia de Alacant) o 19 de xullo de 2002, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de extremo esquerdo no Balonmano Bera Bera. e na selección feminina de balonmán de España.

Traxectoria Comezou a xogar na elite no CB Elda, e en 2022 fichou polo CB Atlético Guardés. Durante a súa estancia de tres tempadas na Guarda, a extremo valenciana consolidouse como unha peza fundamental no esquema de xogo do equipo, acadando números notables en canto a participación e efectividade na época de Ana Seabra. Na temporada 2024-2025 foi a segunda máxima goleadora do equipo, cun total de 81 goles na fase regular do campionato de Liga, na que o equipo quedou de primeiro.

En maio de 2025 o Atlético Guardés anunciou oficialmente que Elena Amores non continuaría no equipo para a tempada 2025-2026, tras o cal fichou polo Balonmano Bera Bera.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Nados en 2002 Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do Atlético Guardés