Diego Pozo Torregrosa, nado en Xerez da Fronteira, Andalucía, o 21 de outubro de 1975, tamén coñecido como El Ratón, é o guitarrista principal e segunda voz, ademais de compositor dalgunhas das cancións, da banda de flamenco-rock Los Delinqüentes.
Actualmente tamén é o líder dunha banda que leva o seu alcume La Banda del Ratón, nome que reciben os músicos que acompañan ao conxunto de Xerez.
Traxectoria Naceu o 21 de outubro de 1975 en Xerez da Fronteira. Desde os catorce anos tocaba a guitarra de maneira profesional, afección á que o introduciu o seu irmán Emilio. Terminou solfexo no Conservatorio Municipal de Xerez e converteuse en mestre de guitarra.
Diego formou parte dos conxuntos Sylvara (Javi Ceballos á voz, Ticoi Elena á batería e percusión, JuanPe Betanzos ao baixo) e Palocortao (con Daviles, outro dos membros de La Banda del Ratón), antes de coñecer a Miguel Benítez (er Migue) e Marcos del Ojo (er Canijo) á porta do pub de Xerez "Los Dos Deditos". Desde ese día, el Ratón comezou a dar clases de guitarra aos que despois se converterían nos seus compañeiros de banda.
No verán de 2012, logo da separación de Los Delinqüentes, Diego enrolouse nunha nova banda, The Dock, a cal é un tributo ao soul e ao R&B dos anos 60 e 70, actuando principalmente en pequenos locais andaluces. Acompaña a Kiko Veneno nos seus concertos polo territorio nacional e desde mediados do 2015 toca con Las Gipsy Rock tamén xunto a algúns dos seus vellos compañeiros de Los Delinqüentes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na páxina oficial dos Delinqüentes
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Cantantes en lingua castelá