Magisterio Orensano foi un periódico editado en Ourense entre 1932 e 1935.
Historia e características Subtitulado Periódico de información provincial del magisterio apareceu o 7 de maio de 1932. Publicábase os días 7, 15, 22 e 30 de cada mes. Dirixido por Salvador Álvarez Pereira,La Región, 8-5-1932, p. 1. Emilio Estévez Rial era o administrador, e Pablo Montero e Leopoldo Sanmartin formaban parte do consello de redacción.Galicia, 8-5-1932, p. 6. Entre os seus colaboradores figurou Antonio Couceiro Freijomil. A Salvador Álvarez sucedeuno como director José González.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos El Maestro Orensano Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1932 en Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá