miniatura|Igrexa de Santa María de Ventosa. O arciprestado de Camba-Ventosa é un dos actuais 14 arciprestados da diocese de Lugo, que comprende 46 parroquias de concellos da comarca de Deza. Xurdiu da unión dos arciprestados de Camba e de Ventosa.
Situación Situado na parte occidental da diocese lucense, engloba a totalidade dos concellos de Rodeiro e Agolada e dúas parroquias do concello de Lalín.
Parroquias Rodeiro Pertencen todas as parroquias do concello: Santa María de Álceme, Santiago de Arnego, San Martiño de Asperelo, San Cristovo do Az, Santa Baia de Camba, San Salvador de Camba, San Xoán de Camba, Santo Estevo de Carboentes, Santiago de Fafián, Santa María de Guillar, San Cibrao de Negrelos, San Xiao de Pedroso, Santa Mariña de Pescoso, San Cristovo da Portela, Santa María de Río, San Miguel de Riobó, San Vicente de Rodeiro, Santo Estevo do Salto de Agoela, San Paio de Senra e Santa María de Vilela.
Agolada Pertencen todas as parroquias do concello: San Miguel de Agra, Santalla de Artoño, San Pedro da Baíña, San Paio de Bais, Santa María de Basadre, Santa María de Berredo, San Cristovo de Borraxeiros, San Lourenzo de Brántega, San Miguel de Brocos, San Pedro de Carmoega, Santiago de Eidián, San Cibrao de Esperante, San Pedro de Ferreiroa, San Miguel de Gurgueiro, San Pedro de Merlín, Santo André de Órrea, San Martiño de Ramil, San Xoán de Santa Comba, San Cibrao de Sesto, Santiago do Sexo, San Mamede das Trabancas, Santa María de Val de Sangorza, San Xulián de Ventosa e Santa María de Vilariño.
Lalín Pertencen a el dúas da parroquias do concello: Santa María de Alemparte e San Pedro de Castro de Cabras.
Véxase tamén Ligazóns externas Arciprestade de Camba-Ventosa na web da diocese de Lugo
Categoría:Rodeiro Categoría:Agolada Categoría:Lalín Ventosa-Agolada