Ramzi Binalshibh (en ), nado en Ghayl Bawazir o 1 de maio de 1972, é un terrorista iemení, membro de Al-Qaeda. Foi acusado de ser unha das persoas máis importantes na planificación dos atentados do 11 de setembro nas Torres Xemelgas. Mohamed Atta e mais el eran os líderes da Célula de Hamburgo.
Traxectoria Antes do 11 de setembro de 2001 pediu varias veces sen éxito unha visa para acceder aos Estados Unidos. En setembro de 2002 foi arrestado nun tiroteo en Karachi, e a policía de Paquistán entregouno aos Estados Unidos. Dende esa data atópase no centro de detención de Guantánamo cumprindo unha condena de pena de morte.
Notas
Categoría:Terroristas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados no Iemen Categoría:Al-Qaeda