O premio Excelente ao Mérito Numismático, concedido pola Asociación Numismática Española (ANE), outórgase desde 1995 para distinguir os particulares, as empresas e as institucións polas súas actuacións en favor da devandita asociación ou dos fins sociais que esta defende."Premios de ANE". Asociación Numismática Española (Numisane.org)."Premio Anual A.N.E. 'Excelente al Mérito Numismático'". Asociación Numismática Española (Numisane.org).

A denominación do premio alude á excelencia do traballo realizado e, asemade, a unha das moedas medievales, cuñadas en tempos dos Reis Católicos, o "excelente" de ouro, caracterizado polo seu máis alto nivel artístico. Por este motivo, a medalla que se concede co premio reproduce nunha das súas faces unha parte dun excelente cuñado polos Reis Católicos en 1545, en tanto que na outra face se representa o logotipo da ANE, cunha lenda alusiva.

As bases do premio ficaron fixadas na reunión da xunta directiva da Asociación Numismática Española do 19 de decembo de 1995.

Galardoados

Esta é unha listaxe dos autores que recibiron o premio Excelente ao Mérito Numismático desde a súa creación en 1995:"Relación de concesiones medalla premio "Excelente al Mérito Numismático". Asociación Numismática Española (Numisane.org).

1995: Museo Casa de La Moneda, Madrid. 1996: Museo Numismático de Lobios. 1997: Sociedade Numismática Avilesina. 1998 Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos (SIAEN). 1999; Revista Crónica Numismática, Madrid. 2000: Círculo Filatélico e Numismático de Barcelona. 2001: Asoc. Amigos de la Casa de la Moneda de Segovia. 2002: Empresa Sucesores de Vallmitjana, S. L., Barcelona. 2003: Departamento de Numismática e Medalística do MAN. 2004: Gabinete Numismático de Cataluña, Barcelona. 2005: Fundación Caixa de Sabadell. 2006: Miquel Barceló i Perelló. 2007: Pere Pau Ripollés Alegre. 2008: Xavier Calicó i Estivill. 2009: José María de Francisco Olmos. 2010: Javier de Santiago Fernández. 2011: Javier Verdejo Sitges. 2012: (deserto). 2013: Luis Puig de Rato. 2014: Universidade de Castela - A Mancha. 2015: Luis Amela Valverde. 2016: (deserto). 2017: Albert Estrada-Rius. 2018: Josep Pellicer i Bru. 2019: Miguel Ibañez Artica. 2020: (deserto). 2021: Banco Central Europeo. 2022: (deserto). 2023: Tawfiq Ibrahim. 2024: Museo de Montserrat. 2025: Fernando Álvarez Burgos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Asociación Numismática Española

Ligazóns externas Asociación Numismática Española

Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios de España