The Cat Concerto é unha curtametraxe animada de 1947 de Tom e Jerry, estreada nos cinemas o 26 de abril de 1947. Foi producida por Fred Quimby e dirixida por William Hanna e Joseph Barbera, coa supervisión musical de Scott Bradley, e animación de Kenneth Muse, Ed Barge e Irven Spence e animación sen acreditar de Don Patterson.
Acollida Logo da súa estrea, The Cat Concerto recibiu a aclamación da crítica, e foi considerada unha das mellores curtametraxes de Tom e Jerry. Cunha estrea anticipada en 1946, clasificouse e gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada. En 1994, foi votada no posto número 42 da lista dos 50 mellores debuxos animados de todos os tempos por membros do campo da animación.
Notas
Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Curtametraxes dirixidas por William Hanna Categoría:Curtametraxes dirixidas por Joseph Barbera Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada