O Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas de 2024 foi o 25 Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas que se levou a cabo en Madrid do 22 de xullo ao 27 de xullo de 2024.
Historia O 3 de marzo de 2023, aprobouse durante a Asemblea Xeral da Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas celebrada en Granada a elección de Madrid como sede do vixésimo quinto Encontro.«Asamblea de la Asociación Nacional de Estudiantes de Matemáticas en Granada». Delegación de Estudiantes de la Facultad de Ciencias, 3 de marzo de 2023.
Durante o Encontro, leváronse a cabo charlas de mans de expertos sobre diversos temas das matemáticas, mesas redondas para debater cuestións de actualidade e obradoiros e microchalas organizadas polos propios estudantes e empresas. Así mesmo, celebrarase un foro de emprego coa presenza de diversas empresas e entidades públicas que realizan actividades relacionadas coas matemáticas.«XXV Encuentro ENEM, en la UPM». Universidad Politécnica de Madrid, 23 de julio de 2024.
A empresa tecnolóxica OGA participou no Encontro.OGA. «OGA, en el XXV Encuentro Nacional de Estudiantes de Matemáticas, ENEM 2024» . OGA, 22 de julio de 2024.
Aspectos internos Durante a Asemblea Xeral da Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas, celebrada na Escola Politécnica Superior da Universidade Carlos III de Madrid (en Leganés) o 25 de xullo, elixiuse á nova Xunta Directiva da Asociación.
Reelixiuse á Xunta Directiva. Marina Díaz foi reelixida como presidenta, Laura Pons como vicepresidenta, Marina Polo como secretaria e Andrea Díaz como tesourera. Tamén se elixiron os vogais que dirixirán, representarán ou coordinarán diferentes seccións ou grupos de traballo da Asociación: Javier Polo Noche en Política Universitaria, Lucas de Uña Ocampo en TIC, Ezequiel López Serrano en Redes Sociais, María Ruiz de Temiño Martín en Igualdade e Diversidade, José Molina Gil en Actividades, Nicolás Atanes Santos en Competencias Matemáticas, María González García en Xestión de Socias e Claudia Itxaso Herrero Garmendia en Xestión de Membros.
Ademais, aprobouse o nomeamento de Enrique García Sánchez como membro de honra da Asociación con 62 votos a favor, 3 abstencións e 1 voto non emitido. A candidatura presentada pola Universidade de Valencia e a Universidade Politécnica de Valencia foi elixida automaticamente como sede para a Asemblea Xeral ordinaria do primeiro trimestre de 2025. A Universidade de Oviedo foi seleccionada como sede para a Fase Final da Liga Matemática 2024-2025 con 45 votos, fronte aos 18 votos da Universidade Complutense de Madrid e 3 abstencións.
Notas
Categoría:Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas Categoría:2024 Categoría:Madrid