Gerald McBoing-Boing é unha curtametraxe estadounidense de 1950. Trata sobre un neno que fala a través de efectos de son no canto de palabras faladas. Producido por United Productions of America (UPA), Columbia Pictures fixo unha distribución ampla o 2 de novembro de 1950. A historia foi adaptada por Phil Eastman e Bill Scott dunha historia de Dr. Seuss. Robert Cannon dirixiu a curtametraxe, con John Hubley (tamén produtor) como director supervisor; Stephen Bosustow foi produtor executivo. Marvin Miller foi o narrador.

Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada en 1950.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1950 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes preservados no National Film Registry