Anora é un filme estadounidense de comedia, drama e romance de 2024 escrito, dirixido, producido e editado por Sean Baker. Está protagonizado por Mikey Madison no papel de Anora "Ani" Mikheeva, unha stripper de Nova York que casa co fillo rico dun oligarca ruso interpretado por Mark Eydelshteyn. O resto do elenco está composto por Yura Borisov, Karren Karagulian, Vache Tovmasyan, Darya Ekamasova e Aleksei Serebryakov.

Anora estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2024 o 21 de maio de 2024, onde recibiu a aclamación da crítica e gañou a Palma de Ouro. Estreouse nos cinemas o 18 de outubro de 2024 a través de Neon. Recadou 59,3 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 6 millóns. Recibiu numerosos premios e estivo incluído na lista dos dez mellores filmes de 2024 polo National Board of Review e o American Film Institute. Recibiu seis nomeamentos na 97ª edición dos Óscar, gañando cinco deles, ao mellor filme, mellor director, mellor actriz (Madison), mellor guión orixinal e mellor montaxe.

Personaxes

Mikey Madison como Anora "Ani" Mikheeva Mark Eydelshteyn (tamén transcrito como "Eidelstein") como Ivan "Vanya" Zakharov Yura Borisov como Igor Karren Karagulian como Toros Vache Tovmasyan como Garnik Aleksei Serebryakov como Nikolai Zakharov Darya Ekamasova como Galina Zakharova Luna Sofía Miranda como Lulu Lindsey Normington como Diamond Vincent Radwinsky como Jimmy Anton Bitter como Tom Ivy Wolk como Crystal Vlad Mamai como Aleks Maria Tichinskaya como Dasha Charles Jang como Vegas Hotel Manager Emily Weider como Nikki Brittney Rodriguez como Dawn Sophia Carnabuci como Jenny Ella Rubin como Vera Alena Gurevich como Klara Artyom Trubnikov como Michael Sharnov Michael Sergio como xuíz

Notas

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua armenia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sean Baker Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes de FilmNation Entertainment Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América