A grancima A ou granzima A (GzmA, , CTLA3, HuTPS, protease asociada a célula T 1, serina protease de linfocito T citotóxico, TSP-1, serina proteinase derivada de célula T) é unha triptase e unha das cinco grancimas codificadas no xenoma humano. En humanos a GzmA está codificada polo xene GZMA, que se encontra próximo ao xene GZMK no cromosoma 5. Este encima está presente nos gránulos dos linfocitos T citotóxicos (CTL).

A GzmA cliva proteínas despois de residuos básicos de lisina ou de arxinina. En células que son diana de CTL, activa as vías de morte celular programada independentes da caspase que son exclusivas e paralelas ás da grancima B, aínda que algúns substratos como o PARP-1 e a lamina B son compartidos coa grancima B. Entre os substratos da GzmA están a Pro-IL-1β, a NDUFS3, a SET, a APE1 e a Ku70, entre outros. Os estudos in vito suxiren que a GzmA pode ter menos capacidades citotóxicas que a GzmB.

No cancro colorrectal a GzmA está asociada coa promoción do desenvolvemento do cancro, o cal pode deberse á activación de citocinas que inducen a inflamación procedentes de macrófagos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos GZMK GZMB GZMH

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Hidrolases