Marc Augé, nado en Poitiers o 2 de setembro de 1935 e finado en París o 24 de xullo de 2023, foi un antropólogo francés especializado en etnoloxía.
Traxectoria Como docente, impartiu clases de antropoloxía e etnoloxía na Escola de Estudos Superiores en Ciencias Sociais de París (EHESS polas súas siglas en francés), da que foi director entre 1985 e 1995. Tamén foi responsable e director de diferentes investigacións no Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS das súas siglas en francés).
O "non lugar" Marc Augé acuñou o concepto "non-lugar" para referirse aos lugares de transitoriedade que non teñen suficiente importancia para ser considerados como "lugares". Son lugares antropolóxicos os históricos ou os vitais, así como aqueloutros espazos nos que nos relacionamos. Un non-lugar é unha autoestrada, unha habitación de hotel, un aeroporto ou un supermercado... un concepto que se levou a outros campos de coñecemento.
Notas
Categoría:Nados en Poitiers Categoría:Antropólogos de Francia