Matías Prats Luque, nado en Madrid o 14 de novembro de 1950, é un xornalista español, ó igual que o seu pai Matías Prats Cañete, e o seu fillo, Matías Prats Chacón.

Traxectoria Licenciado en Dereito e en Xornalismo comezou a súa carreira na emisora de radio La Voz de Madrid. En 1975 pasa á canle pública La 2 de Televisión Española con Redacción Noche de Joaquín Arozamena.

Como xornalista deportivo estivo presente en acontecementos como 8 Xogos Olímpicos, Mundiais de Fútbol, o Torneo de Roland Garros, Wimbledon, a Copa Davis e torneos de golf coma o Masters de Augusta ou a Ryder Cup. En 1990 dirixe en TVE Estudio Estadio, do que era presentador entre 1981 e 1993 e máis tarde Fútbol de Primera e Sólo goles (1994).

En 1991 incorpórase como presentador á primeira edición do Telediario de Televisión Española. A canle de televisión Antena 3 fíchao en 1998, para presentar os informativos (Antena 3 Noticias) da edición do mediodía, para pasar a continuación á segunda edición, da que segue á fronte actualmente. En 2006, compaxina a presentación da segunda edición das noticias coa de Territorio Champions.

É fillo do coñecido xornalista Matías Prats Cañete e o seu fillo é Matías Prats Chacón. É coñecido tamén, no mundo publicitario, por anunciar La Cuenta Naranja do grupo holandés ING.

Premios e nomeacións Premios Ano Categoría Resultado Premios ATV 2012 Mellor Presentador de Programas Informativos Nomeado 2009 Mellor Presentador de Programas Informativos Nomeado 2008 Mellor Presentador de Programas Informativos Nomeado 2007 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador 2006 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador 2004 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador 2003 Mellor Comunicador de Programas Informativos Nomeado 2002 Mellor Comunicador de Programas Informativos Nomeado 2001 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador Premio Ondas 1999 Mellor Comunicador de Programas Informativos Gañador 1996 Nacionais de Televisión: Mellor labor profesional Gañador TP de Ouro 2011 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2010 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2009 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2008 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2007 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2006 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2005 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2004 Mellor Presentador de Informativos Gañador 2003 Mellor Presentador de Informativos Gañador Premios Protagonistas 2002 Protagonista do ano en Xornalismo Gañador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Matías Prats .

Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU Categoría:Presentadores de Televisión Española Categoría:Nados en 1950