José Costas Fischer, nado en Freaza (Traspielas, Fornelos de Montes) o 17 de decembro de 1996, é un cantante galego, máis coñecido como Costas. Participou e foi un dos finalistas da quinta edición do programa A liga dos cantantes extraordinarios, emitido na TVG no 2024. É un dos cantantes do Grupo Tekila.
Traxectoria Foi futbolista, concretamente porteiro, e estivo preto de fichar por un equipo de primeira división, mais tivo unha lesión no nocello. Empezou o grao de Física, mais finalmente acabou graduándose en Nutrición e Dietética. Con todo, actualmente dedícase totalmente á música, eido no que tamén xa se fora formando anteriormente: estudou dez anos de piano e cinco de coro.
Leva no mundo da verbena desde 2020. Formou parte do grupo Samba (2020-2022), da formación Volcán (2021), da orquestra Triunfo (2021-2022, 2024), da orquestra Panamá (2023-2024) e desde 2025 está no Grupo Tekila. Notas
Categoría:Nados en Fornelos de Montes Categoría:Nados en 1996 Categoría:Cantantes de Galicia