Teresa Barberena Fernández, nada en Vigo 1980, é unha xornalista, profesora e guionista galega.
Traxectoria
Criouse en Vigo con raíces familiares en Bueu. Estudou Xornalismo na Universidade Autónoma de Barcelona, Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e o Ciclo Superior de Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe no IES La Marxadella. É Doutora Cum Laude en Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese que analiza a crise do Prestige e o movemento Nunca Máis.
Traballou en gabinetes de prensa, xornais escritos cataláns e galegos e na televisión como guionista e técnica de contidos. Dirixiu os Departamentos de Produción e Accesibilidade do Festival de Cine Inclusivo de Vigo ata o ano 2023. É docente dun centro de Imaxe e son de Vigo e do Curso de Especialización de Audiodescrición e Subtitulado no que impulsa a necesidade dun audiovisual accesible e inclusivo en Galicia.
Obras
Audiovisual
E logo, quen foi? Webserie. Directora e guionista Amores contrariados. Curta. Directora e guionista Rúa Límia, s/n. Curta. Directora e guionista. Doc way. Camiño portugués. Guionista. Webserie. Xiz, de V televisión. Axudante de dirección e guionista Acompáñenos, da TVG. Guionista. Máxima Audiencia, da TVG. Axudante de guionista Queres ser o mellor?, da TVG, Coordinadora de guións.
Libros colectivos
Comunicación y discapacidades: actas do Foro Internacional / coord. por Lois Álvarez Pousa, José Villanueva, Tareixa Barberena Fernández, Oscar Reboiras Loureiro, Joám Evans Pim (2007). ISBN 978-84-690-4140-6 Obras breves de imaxinación. Premios de relatos "Mulleres progresistas" 2007-2011 (2011). A Coruña: Baía Ed.
Premios
Gañou co seu alumnado o Premio Nacional de Educación do Ministerio de Educación á Inclusión 2017 co proxecto Festival de Cine Consentido. "Desde otro prisma" do Notodofilmfest, finalista co proxecto de longametraxe Roaming Love. Premio do I Cambio de plano de Netflix e DAMA co proxecto Latitudes. 3ª Premio de Relatos Mulleres Progresistas, 2009, por Tesalónica.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela