Susana Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de novembro de 1959 (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 166., é unha escritora e xornalista galega.

Traxectoria Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en Historia de América pola Universidade de Barcelona, combina a súa paixón pola novela co traballo como profesora de ensino medio en Valencia. Deu clases de castelán e conferencias en Estados Unidos (Luisiana e California).

É autora de diversas novelas, entre elas El amante albanés, coa que quedou finalista do Premio Planeta na súa edición de 2003. A súa obra caracterízase por bordear a novela policial. Tamén é articulista en diversos medios relacionados coa literatura e o cine, ó que considera moi vinculada a súa obra «é coma se tivese interiorizada a sintaxe do cine na literatura».Presentación da novela El azar de Lara Ulloa, marzo de 2006.

Obras Querido Corto Maltés (1994). Tusquets. Premio Nuevos Narradores. En valenciano Estimat Corto Maltés (1999, Tandem Edicións) Las cenizas de la Bounty (1998). Espasa. Tiernos y traidores (1999). Seixa Barral. Fronteras de arena (2001). Espasa, finalista Premio Primavera de novela. Adiós muñeca (2002). selección de artigos sobre cine. El amante albanés (2003). Espasa, finalista Premio Planeta. El azar de Laura Ulloa (2006). Planeta. Quattrocento (2007). Planeta. Esperando a Robert Capa (2009). Planeta, gañadora do Premio Fernando Lara de NovelaSusana Fortes gana el Premio Fernando Lara de Novela La huella del hereje (2011). Planeta. En italiano: Il camino del penitente (2102, Editrice Nord). El amor no es un verso libre (2013). Suma de letras. Septiembre puede esperar (2017). Planeta. Tal como éramos (2021, Ézaro) Nada que perder (2022, Planeta) Sólo un día más (2025)

Obras colectivas Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros'' (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.

Vida persoal É filla do escritor Xosé Fortes Bouzán e irmá de Alberto, Xabier e Ana Belén Fortes.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela