O premio á Xogadora do Ano da IIHF entrégase cada ano polo Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (IIHF polas súas siglas en inglés), como recoñecemento á xogadora que "mellor exemplifica a habilidade excepcional, determinación, éxito de equipo, e espírito deportivo dentro e fora do xeo durante a tempada anterior". É seleccionado por un xurado de persoas dos medios de comunicación e representantes da IIHF seleccionados entre os estados members da Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo.
Para ser elixible, unha xogadora debe ter competido en canto menos un dos tres torneos da IIHF (os Xogos Olímpicos de Inverno, o Campionato do Mundo, ou o Campionato do Mundo U18) así como nunha liga doméstica "da máxima categoría para ese país", con "actuacións combinadas consideradas superiores ás das demais xogadoras".
Foi entregado por primeira vez en 2023, xunto coa súa contraparte masculina, o Xogador do Ano da IIHF. Hilary Knight, da selección estadounidense e do Team Sonnet da PWHPA, foi a primeira xogadora en recibir o galardón.
Gañadoras Ano Gañadora Selección nacional Club Ref 2023 Hilary Knight Etados Unidos Team Sonnet (PWHPA) 2024 Natalie Spooner Canadá PWHL Toronto (PWHL) 2025 Marie-Philip Poulin Canadá Montreal Victoire (PWHL)
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xogador do Ano da IIHF
Ligazóns externas Sitio web dda IIHF
Categoría:Hóckey sobre xeo