O Soldón é unha aldea de montaña, localizada na parroquia da Seara, no concello de Quiroga. No ano 2007 tiña 21 habitantes.

Xeografía O Soldón está situado na serra do Courel, ao pé da estrada que une o núcleo de Quiroga coa Veiga de Valcarce en León. Está situada na beira occidental desa estrada, subindo na montaña, a unha altitude comprendida entre os 875 e os 950 m. Ao leste da aldea está situada a Fonte de Cais, un dos cumios máis elevados do Courel, con 1.419 m.

O río que pasa por Soldón é un regato chamado Carrozo de Pinacedo, que á entrada da aldea conflúe no río Soldón. Este, que é un curso maior, desemboca no río Sil 20 km ao sur, e traza un percorrido paralelo á aldea, ao leste desta.

Ten unha capela e tamén un pequeno camposanto, se ben a igrexa parroquial non se atopa no Soldón, senón na aldea da Seara. Tivo escola unitaria, que foi construída comunalmente en 1939 e que funcionou dende 1940 ata 1974.

Cultura Para a reconstrución e rehabilitación da antiga escola do Soldón como local social celebrouse o 3 de maio de 2008 un festival musical na Ermida, chamado Frikiroga.

Patrimonio O forno de cal do Soldón foi un forno de cal situado no Soldón, na beira do camiño do Soldón á Seara. Está documentado en 1943.

Lugares e parroquias Lugares da Seara

Parroquias de Quiroga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web da aldea Vídeo sobre a escola, YouTube.

Categoría:Lugares de Quiroga