Aristón de Tiro (grego: Ἀρίστων) foi un político e líder militar cartaxinés. Traxectoria Parece que era amigo de Haníbal, quen, mentres estaba exiliado na corte seléucida do rei Antíoco III, o enviou a Cartago para buscar apoio entre os seus amigos, para librar unha nova guerra contra os romanos. Haníbal, para evitar que a mensaxe fose interceptada, non lle deu nada por escrito. Na cidade, os inimigos de Haníbal sospeitaban da súa misión porque a miúdo o vían con xente do partido favorábel aos Barca. Presentáronse as sospeitas ao tribunal e Aristón foi detido e obrigado a declarar o motivo da súa estadía. As explicacións que deu non foron moi convincentes e decidiuse aprazar o xuízo ata o día seguinte. Esa noite, Aristón embarcou nun barco e fuxiu de Cartago, deixando unha carta nun lugar público na que afirmaba que os encargos que levaba non eran para ningún particular, senón para o Senado.
Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:nados en Tiro Categoría:finados no século -III Categoría:Militares cartaxineses