Valentín Quintas González, nado en Ourense o 19 de outubro de 1972 é un director de cinema galego, coñecido como Tinieblas González.
Traxectoria González naceu en Ourense e trasladouse a Laudio aos catro anos. A súa primeira produción titulouse Tripas e era unha composición de dúas horas de duración a partir de pequenos fragmentos de diferentes filmes de terror.
Sen educación básica nin media, tras realizar o servizo militar, deciciu entrar completamente no mundo audiovisual realizando un curso non homologado dun ano no Instituto Vasco de Novas Carreiras de Bilbao. Alá realizou A Matanza do Porco, un documental que se recrea sadicamente na mata dun porco, mais cun punto de vista persoal e diferente.Vidas de Cine. Tinieblas González
A súa primeira curtametraxe, Por un infante difunto (1998), rodada en 35 mm e en branco e negro, foi seleccionada para a XXXVII Semana Internacional da Crítica do Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde logrou o premio Canal+ á mellor curtametraxe.
Tralo éxito obtido pola súa primeira curtametraxe, lanzouse á produción da súa segunda obra, baseada no poema de Edgar Allan Poe O corvo. A rodaxe da curta foi en inglés, lingua orixinal da obra. O filme foi candidato ao premio Goya á mellor curtametraxe de ficción en 2001. O ano seguinte tentou dar o salto á longametraxe e preparou Raíces de sangre baixo a produción de Andrés Vicente Gómez e con Martina Klein como actriz. O proxecto nunca viu a luz ao apareceren problemas de financiamento, ademais de problemas internos co produtor.
En 2004 presentou a curtametraxe Ecosistema, unha historia sobre o ecosistema urbano onde impera a lei básica do fuerte devorando o feble.
En 2008 iniciou un novo proxecto de longametraxe, ASD (Alma sin dueño). Escrita e dirixida por el mesmo, a rodaxe foi en inglés en Bilbao e Vitoria, co metro da primeira cidade o principal escenario. A estrea do filme anunciouse para finais do ano 2009,[http://www.hoycinema.com/actualidad/noticias/Tinieblas-Gonzalez-ultima-montaje-ASD-filme-aventura-terror.htmhttp://www.adn.es/cultura/20090226/NWS-0718-ASD-Tinieblas-Gonzalez-aventura-montaje.html] mais foi estreado pola produtora Alma Ata nunha soa sala de Madrid con outro título: Sin dueño (ou Sin alma, como foi retransmitida o 20 de novembro de 2015 en TeleMadrid/La Otra, sen que o soubesen nin o equipo nin o propio González. Segundo o director, estes problemas foron "pola subvención" das axudas públicas. González declarou que "calculo que quedarían cuns 300 000 euros”. Despois do fracaso anunciou que se mudaba aos Ánxeles para conseguir financiamento e rodar "en réxime de cooperativa".
Filmografía Ano Filme Ocupación 1998 Por un infante difunto Director, produtor e guionista 1999 The Raven. Nevermore. Director, produtor e guionista 2002 Raíces de sangre Director e guionista 2004 Ecosistema Director, produtor e guionista 2008 ASD (Alma sin dueño) Director e guionista
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Tinieblas González. "El cine español está prostituido"
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1972 Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Produtores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes