Robert Capa foi o pseudónimo de Endre Ernő Friedmann (en húngaro: Friedmann Endre Ernő, nado en Budapest, Hungría o 22 de outubro de 1913 e finado en Thai Binh, Vietnam o 25 de maio de 1954), e de Gerda Taro (pseudónimo á súa vez de Gerta Pohorylle, nada en Stuttgart, Alemaña o 1 de agosto de 1910 e finada en O Escorial, España o 26 de xullo de 1937). Os dous foron parella sentimental e traballaron como correspondentes gráficos de guerra e fotoperiodistas durante o século XX.
En 1947, Endre Ernő Friedmann fundou en París, xunto con David "Chim" Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e William Vandivert, a organización Magnum Photos, a primeira axencia de cooperación para fotógrafos independentes de todo o mundo.
Principais reportaxes 1932: Realiza a súa primeira reportaxe publicada para fotografar a Lev Trotski en Copenhaguen. 1936: Segue a chegada ao poder da Fronte Popular e as folgas que seguirán en París. 1936 - 1939: Réndese varias veces a España para seguir a guerra civil sobre as numerosas frontes. 1938 : Reportaxe na China durante a guerra contra o Xapón. 1939 : Segue a Volta a Francia (Tour de France). 1943 : Segue os aliados desde África do Norte ata Italia. 1944 : Desembarca coa primeira onda de soldados sobre a praia de Omaha Beach en Normandía. 1945 : Reportaxes da liberación de Alemaña. 1947 : Visita a Unión Soviética con John Steinbeck. 1948 : Segue a proclamación do Estado de Israel e a guerra que sucedeu. 1954 : Reportaxe no Xapón. 1954 : Reportaxes na Indochina onde salta nunha mina antipersoa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fotos de Robert Capa no sitio web de Magnum Photos “O miliciano que cae” de Luca Pagni
Capa, Robert Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Nados en 1913 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Finados en 1954 Categoría:Fotógrafos de Magnum Photos