O Reino de Prusia (en alemán Königreich Preußen) foi un reino de 1701 a 1918 e a partir de 1871, un Estado membro do Imperio Alemán, comprendendo case dous terzos da área do imperio. O seu nome ten orixe no territorio de Prusia, aínda que a súa base de poder foi Brandeburgo.
Historia
1701: O crecemento de Brandeburgo Frederico Guillerme, o "Grande Elector" de Brandeburgo-Prusia, morreu en 1688. As súas propiedades pasaron ao seu fillo Frederico III (1688-1701) que se converteu no Rei Frederico I de Prusia (1701-1713). Exceptuando o Ducado de Prusia, todas as terras de Brandeburgo facían parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, nesa época baixo o goberno hereditario da Casa de Habsburgo. Posto que había só un Rei dos Xermanos no Imperio, Frederico obtivo o consentimento do Emperador Leopoldo I (a cambio da alianza contra Francia na Guerra de Sucesión Española) en adoptar (en Königsberg, 18 de xaneiro de 1701) o título de "Rei en Prusia" con base nos seus territorios non imperiais. O título pasou a ser de aceptación xeral co Tratado de Utrecht.
1701-1740: O novo Reino O novo Reino de Prusia era moi pobre -aínda non se recuperara totalmente da devastación da Guerra dos Trinta Anos- e o seu territorio abarcaba máis de 1.200 km, que ía dende as terras do Ducado de Prusia, na costa sueste do Mar Báltico, pasando pola área central dos Hohenzollern en Brandeburgo, e abarcando os enclaves do Ducado de Cleves, Condado de Mark e Ravensberg, en Renania. En 1708, aproximadamente un terzo da poboación do Ducado de Prusia foi prexudicada pola peste bubónica. A peste chegou a Prenzlau en agosto de 1710, pero desapareceu antes de chegar á capital, Berlín, que se situaba a só 80 km de alí.
A derrota dos suecos por parte de Rusia, Saxonia, Polonia, Dinamarca-Noruega, Hannover e Prusia na Gran Guerra do Norte (1700-1721) marcou a fin do dominio sueco no litoral sur do Mar Báltico. No pruso-sueco Tratado de Estocolmo (xaneiro de 1720), Prusia recuperou Stettin (Szczecin) e outras partes das posesións suecas en Pomerania. Os Hohenzollerns de Brandeburgo obtiveran a reversión do Ducado de Pomerania dende 1472 (anteriormente, Pomerania xa fora anexada a Brandeburgo-Prusia en 1648 pola Paz de Westfalia).
Durante este tempo, o plan trazado polo Grande Elector alcanzou o seu clímax.
1740-1760: As guerras de Silesia
miniatura|esquerda|250px|Adolph von Menzel: Mesa redonda, o Rei Frederico II (centro) en Sanssouci con Voltaire (esquerda) e os principais científicos da Academia de Ciencias de Berlín, 1850
En 1740, o Rei Frederico II (Frederico o Grande) subiu ao trono. Valéndose dun suposto tratado de 1537 (vetado polo Emperador Fernando I) polo cal algunhas partes de Silesia pasarían a Brandeburgo trala extinción da dinastía Piast, Frederico invadiu Silesia, dando inicio á Guerra de Sucesión Austríaca. Trala rápida ocupación de Silesia, Frederico ofreciería protección á Arquiduquesa María Tareixa de Austria se a provincia volvía ao seu dominio. A oferta foi rexeitada, pero Austria atopou outros opoñentes e Frederico foi abondo hábil para conseguir a cesión formal co Tratado de Berlín de 1742.
Para sorpresa de moitos, Austria conseguiu renovar a vantaxe de Prusia na guerra. En 1744, Frederico invade de novo áreas do Imperio para evitar represalias e reivindicar, esta vez, a provincia de Bohemia. Non tivo éxito, pero a presión francesa sobre o aliado de Austria, Gran Bretaña, levou a unha serie de tratados e acordos, que culminaron en 1748 coa sinatura do Tratado de Aquisgrán, que restaurou a paz e concedeu a Prusia a maior parte do territorio de Silesia.
Humillada pola cesión de Silesia, Austria buscou unha alianza segura con Francia e Rusia, mentres que Prusia buscou unha aproximación coa Gran Bretaña ("Revolución Diplomática"). Cando Frederico invadiu Saxonia e Bohemia durante uns poucos meses de 1756-1757, deu inicio á Guerra dos Sete Anos.
Esta guerra foi unha loita desesperada para os prusianos e a forma como a levaron causou en Europa un gran respecto polas habilidades do exército de Frederico. Enfrontándose simultaneamente a Austria, Rusia, Francia e Suecia e tendo só como aliados Hannover (e Gran Bretaña, non continental), Frederico conseguiu evitar importantes invasións até outubro de 1760, cando o exército ruso ocupou por un curto período de tempo Berlín e Königsberg. Con todo, a situación foise agravando até a morte da Emperatriz Isabel de Rusia. A ascensión ao trono ruso do simpatizante das causas prusianas Pedro III aliviou a presión na fronte oriental. Suecia tamén abandonou a guerra nesa mesma ocasión.
Derrotando ao exército austríaco na Batalla de Burkersdorf e confiando no continuado éxito británico contra Francia no escenario da guerra colonial, Prusia foi, por fin, capaz de forzar un statu quo ante bellum no continente. Este resultado confirmou o papel principal de Prusia nos estados alemáns e consolidouno como unha gran potencia europea. Frederico, intimidado polas últimas derrotas de Prusia, viviu os seus últimos días como un gobernante pacífico.
1772, 1793, 1795: Particións de Polonia
Para o leste e o sur de Prusia, a República das Dúas Nacións fórase enfeblecendo gradualmente ao longo do século XVIII. Preocupado pola crecente influencia rusa nos asuntos polacos e por unha posible expansión do Imperio Ruso, Frederico participou na primeira partición de Polonia entre Rusia, Prusia e Austria en 1772 a fin de manter o equilibrio de forzas. O Reino de Prusia anexionou a maioría das provincias polacas de Prusia Real, incluída Varmia. As terras anexadas foran organizadas no ano seguinte como Provincia de Prusia Occidental (Westpreußen). O novo territorio ligouse a Prusia Oriental (Ostpreußen - territorio anteriormente coñecido como Ducado de Prusia) con Pomerania (Pommern), unindo entre si os territorios orientais do reino.
Despois da morte de Frederico en 1786, o seu sobriño Fedrico Guillerme II continuou as particións, gañando unha gran parte do oeste de Polonia en 1793.
En 1795, deixa de existir o Reino Polaco e un gran territorio (inclusive Varsovia) ao sur de Prusia Oriental pasa a ser parte de Prusia. Eses novos territorios organizáronse na Provincias de Nova Silesia (Neuschlesien), Prusia do Sur (Südpreußen) e Nova Prusia Oriental (Neuostpreußen).
1806-1815: Guerras napoleónicas
En 1806 foi abolido o Sacro Imperio Romano Xermánico como resultado das vitorias de Napoleón Bonaparte sobre Austria. O título de Kurfürst (Príncipe elector) de Brandeburgo xa non tiña sentido e suprimiuse. Antes diso, o soberano Hohenzollern posuíra moitos títulos, dende o de Xefe da Igrexa Evanxélica até o de Rei, Elector, Gran Duque e Duque de varias rexións e reinos baixo o seu goberno. Logo de 1806, era simplemente o de Rei de Prusia.
Como consecuencia da derrota prusiana na Batalla de Iena-Auerstedt en 1806, o Rei Frederico Guillerme III foi forzado temporalmente a fuxir para Memel. Despois do Tratado de Tilsit en 1807, Prusia perdeu case a metade do seu territorio, incluídas as terras gañadas nas Segunda e Terceira Particións de Polonia (que agora se resumía ao Ducado de Varsovia) nas terras ao oeste do río Elba. O que quedou do Reino foi ocupado polas tropas francesas (pagando Prusia todos os gastos da súa manutención) e o rei estivo obrigado a facer unha alianza con Francia e adherirse ao Bloqueo Continental.
Trala derrota de Napoleón en Rusia, Prusia desvinculouse da alianza e participou de lado da Sexta Coalición durante as "Guerras de Liberación" (Befreiungskriege) contra a ocupación francesa. As tropas prusianas, baixo o mando do Mariscal Gebhard Leberecht von Blücher, contribuíron de forma crucial na Batalla de Waterloo de 1815 á vitoria final sobre Napoleón.
1815: Prusia despois de Napoleón miniatura|300px|dereita|Expansión de Prusia 1807-1871
A recompensa de Prusia pola súa participación na derrota de Napoleón chegou co Congreso de Viena, no que Prusia recuperou a meirande parte dos seus territorios perdidos e até gañou o 40% do Reino de Saxonia e a maior parte de Renania. Moitos dos territorios anexados na Terceira Partición de Polonia foron entregados ao Congreso de Polonia baixo o goberno ruso.
Debido a estas nova adquisicións prusianas, o reino reorganizouse en dez provincias. A maior parte do Reino, á parte das provincias de Prusia Oriental, Prusia Occidental e Pousen, pasou a integrar a Confederación Xermánica, que substituíu o extinto Sacro Imperio Romano Xermánico.
Como consecuencia das Revolucións de 1848, os principados de Hohenzollern-Sigmaringen e Hohenzollern-Hechingen foron anexionados por Prusia en 1850.
1848-1871: As guerras xermanas de unificación Durante medio século despois do Congreso de Viena, había un conflito de ideais dentro da confederación entre a formación dunha única nación alemá e a conservación da actual unión de pequenos estados. A creación da Unión Aduaneira Xermana (Zollverein) en 1834, que excluía Austria, aumentou a influencia prusiana sobre os Estados membros. Como consecuencia das Revolucións de 1848, o Parlamento de Frankfurt ofreceu a coroa dunha Alemaña unificada ao Rei Frederico Guillerme IV. Este rexeitou a oferta alegando que as asembleas revolucionarias non podían conceder títulos reais. Pero había outras dúas razóns polas que a rexeitou: porque non era suficiente para terminar coa loita interna de poder entre Austria e Prusia e porque todos os reis prusianos (até aquel momento, incluíndo a Guillerme I) temían que a formación dun Imperio Alemán significase o fin da independencia de Prusia.
En 1848, as accións tomadas por Dinamarca contra os ducados de Schleswig e Holstein levaron á Primeira Guerra de Schleswig (1848-1851) entre Dinamarca e a Confederación Xermánica, que acabou coa derrota da primeira. Porén, Prusia foi forzada a consentir que Dinamarca quedase con ambos ducados.
En 1862, o Rei Guillerme I elixiu a Otto von Bismarck para que ocupase o cargo de Primeiro Ministro de Prusia. Estaba determinado a unir os Estados Xermanos baixo o dominio prusiano e, para iso, levou a Prusia a tres guerras que culminaron na conquista deste obxectivo.
A primeira delas foi a Segunda Guerra de Schleswig (1864), que Prusia iniciou e gañou, coa axuda de Austria. Dinamarca foi derrotada e entregou Schleswig e Holstein a Prusia e Austria respectivamente.
miniatura|dereita|300px|A consecuencia da Guerra Austro-prusiana (1866). Prusia (azul escuro) e os seus aliados (azul) contra Austria (vermello) e os seus aliados (rosa). Os membros neutrais da Confederación Xermánica están en verde, e as adquisicións territoriais de Prusia trala guerra están en azul claro
A administración dividida de Schleswig e Holstein foi o motivo para a Guerra Austro-prusiana (1866 - tamén coñecida como a Guerra das Sete Semanas), na que Prusia, aliada co Reino de Italia e varios estados xermanos do Norte, declararon a guerra ao Imperio Austríaco. A coalición comandada por Austria foi derrotada e algúns estados xermanos (o Reino de Hannover, o Gran Ducado de Hesse, o Ducado de Nassau e a Cidade Libre de Frankfurt) se anexionaron a Prusia. Os territorios disputados de Schleswig e Holstein pasaban baixo pleno dominio prusiano. Grazas á adquisición destes territorios foi posible a unión dos territorios de Renania e Westfalia co resto do Reino. Foi entón cando Prusia alcanzou a súa maior extensión, que mantivo até a extinción do Reino en 1918.
A Confederación Xermánica foi substituída en 1867 pola Confederación Alemá do Norte, baixo o dominio de Prusia, e con alianzas militares cos estados xermanos do Sur (excepto Austria). A unificación de Alemaña Kleindeutschland planeada por Bismarck estaba moi preto de concretizarse. O Rei Guilllerme estaba determinado a conquistar o territorio de Austria, aínda que Bismarck o convenceu para que abandonase a idea (Bismarck vía en Austria un valioso aliado futuro).