Knighty Knight Bugs é unha curtametraxe estadounidense de 1958 dirixida por Friz Freleng. Estreouse o 23 de agosto de 1958 e está protagonizado por Bugs Bunny e Yosemite Sam.

Knighty Knight Bugs é a única curtametraxe de Bugs Bunny en gañar o Óscar á mellor curtametraxe animada, o cal recibiu na 31ª edición dos premios. A curtametraxe foi incluída posteriormente na recompilación de 1981 The Looney, Looney, Looney Bugs Bunny Movie. O título da caricatura é un xogo de palabras coa frase "nighty-night" ("boa noite").

Notas

Categoría:Filmes de 1958 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada