Helvellaceae é unha familia de fungos ascomicetos, cuxos membros máis coñecidos son os do xénero Helvella. Orixinalmente foi creada por Elias Magnus Fries en 1823 como Elvellacei, e contiña moitos xéneros. Varios deles, como Gyromitra e Discina, viuse que só tiñan un parentesco distante segundo un estudo de filoxenética molecular do ADN ribosómico feito polo micólogo Kerry O'Donnell en 1997, o que deixou un clado central moito máis pequeno que é o que agora se define como Helvellaceae. Atopouse que este grupo máis estritamente definido está máis estreitamente relacionado coas trufas verdadeiras da familia Tuberaceae. Aínda que o Dictionary of the Fungi (10ª edición, 2008) consideraba que as Helvellaceae contiñan seis xéneros e 63 especies, as análises xenéticas mostraron que Leucangium, antes clasificado nesta familia, está máis relacionado coas Morchellaceae.

Notas