X-Men '97 é unha serie animada estadounidense creada por Beau DeMayo para o servizo de Disney+, baseada nos superheroes de Marvel Comics. É un revival de A patrulla X (1992–1997) producido por Marvel Studios Animation, e continúa a historia dos X-Men dende a anterior serie. DeMayo foi o guionista xefe das primeiras dúas tempadas, e Matthew Chauncey fíxose cargo da terceira, con Jake Castorena como director supervisor.

X-Men '97 estreouse o 20 de marzo de 2024, cos seus dous primeiros episodios. O resto da primeira tempada, de dez episodios, estreouse semanalmente ata o 15 de maio. Recibiu eloxios da crítica e varios premios. A estrea da segunda tempada está prevista para 2026. Unha terceira está en desenvolvemento.

Véxase tamén Outros artigos A patrulla X

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1990