Guy Delisle, nado no Quebec o 19 de xullo de 1966, é un debuxante francófono canadense.
Traxectoria Traballou en 1986 para o estudo de cómics Ciné Groupe en Montreal. Este primeiro emprego en animación durou un ano e medio, ata que pecharon o estudo. Emprendeu entón unha longa viaxe a través de Europa: Múnic, Berlín, Valencia, e por fin Montpellier, onde reside desde 1991. Ademais, impartiu clases de animación na illa da Reunión en 1993 e realizou unha curtametraxe para nenos, Tres pequenos gatos (1994).
O seu traballo para un estudo de animación francés esíxelle supervisar a produción en varios estudos de países da costa do Pacífico, nas sombrías fronteiras do mercado libre. Por iso, o autor vese obrigado a pasar meses en frías e impersoais habitacións de hotel, onde sofre os males de quen pasa longas tempadas fóra de casa: alienación cultural e lingüística, aburrimento e nostalxia da gastronomía occidental e do auténtico café. Delisle representa estas estancias no máis absoluto illamento en dúas xeniais novelas gráficas: Pyongyang e Shenzhen.
En canto ao seu estilo, Delisle decántase polo trazado de liñas, en aparencia simples, para representar os estados de ánimo e a realidade.
Obra Réflexion, L'Association (1996) Aline et les autres, L'Association, (1999) Shenzhen, L'Association, (2000), Drawn & Quarterly (2006), Astiberri Ediciones (2006) Albert et les autres, L'Association, (2001) Comment ne rien faire, Pastèque, (2002) Pyongyang, L'Association (2003), Rinoceronte (2018) Inspecteur Moroni 1: Premiers pas Dargaud, (2001) Inspecteur Moroni 2: Avec ou sans sucre Dargaud, (2002) Inspecteur Moroni 3: Le Syndrome de Stockholm, Dargaud, (2004) Louis au ski, Delcourt, (2005) Chroniques birmanes, Drawn & Quarterly (2008), Astiberri Ediciones (2008) Luis vai á praia, Editions Delcourt (2008). Publicado en galego por Factoría K (2010)Faktoría K edita BD para público infantil na súa campaña de verán Chroniques de Jérusalem, Delcourt, collection Shampooing (2011) Le Guide du mauvais père (2013-2018) S'enfuir, récit d'un otage, Dargaud (2016) Ici ou ailleurs, con Jean Echenoz (prefacio), L'Association « Hors collection », (2019)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados na cidade de Quebec Categoría:Nados en 1966