Azul de metileno é o nome que comunmente se dá ao cloruro de metiltioninio, que é un sal usado como tintura biolóxica e como medicamento. Como medicamento, úsase principalmente para tratar a metahemoglobinemia. Foi usado previamente para tratar o envelenamento por cianuro e infeccións do tracto urinario, pero ese uso xa non se recomenda.

O azul de metileno adminístrase por inxección intravenosa. Efectos laterais comúns son dor de cabeza, náuseas e vómitos.

O azul de metileno preparouno por primeira vez Heinrich Caro en 1876. Está na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde.

Usos médicos

Metahemoglobinemia O azul de metileno úsase para tratar a metahemoglobinemia ao reducir quimicamente o ferro férrico da hemoglobina a ferro ferroso. A metahemoglobinemia pode orixinarse pola inxestión de certos fármacos, toxinas ou feixóns en persoas susceptibles. Especificamente, úsase para tatar os niveis de metahemoglobina que son superiores ao 30 % ou nos casos nos que hai síntomas a pesar da terapia de oxíxeno. Normalmente, por meido dos encimas metahemoglobina redutase dependentes de NADH ou de NADPH, a metahemoglobina volve a reducirse a hemoglobina. Cando se forman grandes cantidades de metahemoglobina por causa de toxinas, a capacidade das metahemoglobina redutases está superada. O azul de metileno inxectado por vía intravenosa como antídoto é primeiramente reducido a azul de leucometileno, que despois reduce o grupo hemo da metahemoglobina a hemoglobina. O azul de metileno pode reducir a vida media da metahemoglobina de horas a minutos. Porén, a doses altas o azul de metileno induce en realidade a metahemoglobinemia, invertendo esta vía.

Toxicidade do nitrito de isobutilo

O nitrito de isobutilo é un dos compostos usados como poppers, un tipo de droga inhalante que induce unha breve euforia.

O nitrito de isobutilo é unha causa coñecida de metahemoglobinemia. A metahemoglobinemia grave pode tratarse con azul de metileno.

Nun fármaco de combinación: Methylphen O hiosciamina/­hexametilenetetramina/fenil salicilato/azul de metileno/ácido benzoico é un fármaco de combinación usado para tratar a dor causada por infeccións do tracto urinario e espasmos do tracto urinario. Actualmente véndese con moitos nomes comerciais,"Hyophen: Indications, Side Effects, Warnings". Drugs.com. Consultado o 21 de agosto de 2024. por exemplo Hyophen, Methylphen, Urophen, Urised. Antes vendíase como Prosed/DS, pero este nome de marca foi retirado."Prosed/DS: Indications, Side Effects, Warnings". Drugs.com. Consultado o 2024-04-20. Os compoñentes desta combinación son: Hiosciamina Hexametilenetetramina Fenil salicilato Azul de metileno Ácido benzoico

Envelenamento por cianuro

Como o seu potencial de redución é similar ao do oxíxeno e pode ser reducido por compoñentes da cadea de transporte de electróns, ás veces úsanse grandes doses de azul de metileno como antídoto para o envelenamento por cianuro potásico, un método probado con éxito por primeira vez en 1933 por Matilda Moldenhauer Brooks en San Francisco, aínda que demostrado por primeira vez por Bo Sahlin da Universidade de Lund, en 1926.

Choque

O azul de metileno incrementa a presión arterial en persoas con síndrome vasopléxica (choque redistributivo). Non mellora a entrega de oxíxeno aos tecidos nin diminúe a mortalidade.

O azul de metileno foi usado na toxicidade de bloqueantes de calcio como unha posible terapia de rescate para o choque redistributivo que non responde aos axentes de primeira liña. Unha revisión de 2024 limitada a informes de casos atopou evidencias de baixa calidade de que o azul de metileno pode reducir a mortalidade a curto prazo, a duración do uso de vasopresores e da estancia hospitalaria.

Tintura ou marcaxe miniatura|280x280px|Células da mucosa da meixela humana tinguidas con azul de metileno. miniatura|Cristais de azul de metileno.

O azul de metileno úsase na polipectomía endoscópica como adxunto da solución salina ou da epinefrina, e utilízase para inxectalo na submucosa arredor de pólipos para eliminalos. Isto permite que o plano do tecido da submucosa se poida identificar despois da extirpación do pólipo, o cal é útil para determinar se cómpre extirpar máis tecido ou se hai un risco alto de perforación. O azul de metileno tamén se usa como marcaxe en cromoendoscopia, e salfírese sobre a mucosa do tracto gastrointestinal para identificar a displasia ou lesións precancerosas. O azul de metileno inxectado por vía intravenosa é expulsado doadamente pola urina polo que pode ser usado para comprobar as filtracións ou fístulas no tracto urinario.

En intervencións cirúrxicas como as diseccións do ganglio linfático sentinela, o azul de metileno pode usarse para trazar visualmente a drenaxe linfática do tecido testado. De xeito similar, engádese azul de metileno ao cemento óseo en operacións ortopédicas para proporcionar unha discriminación fácil entre o óso nativo e o cemento. Ademais, o azul de metileno acelera o endurecemento do cemento óseo, incrementando a velociade á que o cemento óseo pode aplicarse. O azul de emtileno utilízase como axuda para a visualización/orientación en varios aparellos médicos, incluíndo unha película selante cirúrxica chamada TissuePatch. En fístulas e quistes pilonidais, úsase para identificar o tracto para a súa completa excisión. Pode tamén usarse durante cirurxías gastrointestinais (como a resección intestinal ou o bypass gástrico) para testar as filtracións.

Ás veces úsase en citopatoloxía, en mesturas como Wright-Giemsa e Diff-Quik. Colorea de azul núcleos e citoplasmas, e fai que os núcleos sexan máis visibles. Cando o azul de metileno é "policromado" (oxidado en solución ou "madurado" polo metabolismo fúnxico, como sinalou orixinalmente na súa tese o D. L. Romanowsky na década de 1890), queda desmetilado de maneira sucesiva e forma os intermediarios tri-, di-, mono- e non-metil, que son o Azure B, Azure A, Azure C e tionina, respectivamente. Este é o fundamento da parte basófila do espectro do efecto Romanowski-Giemsa. En caso de utilizarse soamente Azure B sintético e Eosina Y, pode servir como unha tinguidura de Giemsa estandarizada; pero, sen o azul de metileno, os gránulos normalmente neutrófilos tenden a tinguirse en exceso e semellan gránulos tóxicos. Por outra parte, se se usa o azul de metileno, este pode axudar a dar unha aparencia normal aos gránulos neutrófilos e pode tamén mellorar a tinguidura de nucléolos e glóbulos vermellos policromatófilos (reticulocitos).

miniatura|Grave patoloxía dun cerebro normal e dun cerebro dun paciente tratado con azul mde metileno antes da súa morte. Unha aplicación tradicional do azul de metileno é a tinguidura intravital ou supravital de fibras nerviosas, un efecto descrito primeiramente por Paul Ehrlich en 1887. citdao por Unha solución diluída da tintura inxéctase no tecido ou aplícase a pequenas porcións acabadas de extirpar. Dsenvólvese unha coloración azul selectiva ao expoñelo ao aire (oxíxeno) e pode fixarse por inmersión do espécime tinguido nunha solución acuosa de molibdato amónico. O azul de metileno vital era anteriomrente moi usado para examinar a innervación de músculos, pel e órganos internos. O mecanismo da captación selectiva da tintura non se comprende completamente; a ouabaína impide a tinguidura vital de fibras nerviosas da pel, unha droga que inhibe a ATPase de Na+-K+ da membrana plasmática.

Placebo O aul de metileno foi utilizado como placebo; os médicos dinlles aos seus pacientes que a súa urina vai cambiar de cor e ven isto como un signo de que a súa condición está mellorando. Este mesmo efecto lateral fai que o azul de metileno sexa difícil de usar en estudos clínicos tradicionais controlados por placebo, incluíndo os que están comprobando a súa eficacia como tratamento. Unha estratexia é usalo a dose baixa, xusto a suficiente para que a urina se torne azul, como grupo placebo. Porén, unha dose baixa non garante que sexa inerte.

Efectos laterais

Cardiovasculares No sistema nervioso central Dermatolóxicos Gastrointestinais Xenito-urinarios Hematolóxicos Hipertensión Dor precordial Mareo Confusión mental Dor de cabeza Febre Tinguidura da pel Necrose no sitio de inxección Decoloración fecal Náuseas Vómitos Dor abdominal Decoloración da urina (doses por riba de 80 μg) Irritación da vexiga urinaria Anemia

O azul de metileno é un inhibidor da monoamino oxidase (MAOI) e, infundido por vía intravenosa a doses superiores a 5 mg/kg, pode ter como resultado a síndrome de serotonina se se combina con algún inhibidor da recaptación selectiva da serotonina (SSRI) ou outros fármacos seritoninérxicos (por exemplo, duloxetina, sibutramina, venlafaxina, clomipramina, imipramina).

Causa anemia hemolítica en portadores da deficiencia encimática de G6PD (favismo). O grao real deste perigo é controvertido, xa que a asociación fíxose baseándose en moi poucos casos. Unha metaanálise de 2018 sobre ensaios clínicos contra a malaria en África, onde é prevalente o tipo moderado A menos da deficiencia de G6PD, non mostra ningunha asociación entre o azul de metileno e a hemólise en ditos pacientes. Porén, había unha redución clinicamente insignificante da hemoglobina.

Embarazo

O seu uso durante a gravidez pode ser daniño para o bebé, pero non usalo na metahemoglobinemia é probablemente máis perigoso.

Farmacocinética Despois da súa administración intravenosa en humanos, o azul de metileno mostra un cambio multifásico en concentración, cunha vida media terminal de 5,25 horas. A desaparición inicial do sangue en realidade reflicte o seu movemento aos órganos, no cal o cerebro, fígado e bile mostran unhas concentracións significativamente maiores que as do sangue en ratas. A área baixo a curva global na administración oral (cápsulas de xelatina secas) é de só o 6,5 % da observada por administración intravenosa; a xulgar polos estudos feitos en ratas, a distribución nos órganos significativamente alterada xoga un papel clave nesta diferenza.

A administración como solución oral (500 mg en 200 mL) incrementa moito a biodispoñibilidade ao 72,3±23,9 %. Neste novo estudo, a vida media terminal era de 18,5±11,8 horas para o uso intravenoso e de 18,3±7,2 horas para o uso oral. O tmax para uso oral é de 2,2 horas, comparado coas 0,5 horas para o uso intravenoso.

Química O azul de metileno é un derivado formal da fenotiazina. É un po de cor verde escuro que orixina unha solución azul en auga. A forma hidratada ten 3 moléculas de auga por unidade de azul de metileno.

Preparación

Este composto prepárase pola oxidación da 4-aminodimetilanilina en presenza de tiosulfato de sodio para dar lugar ao ácido quinonadiiminotiosulfónico, seguida de reacción coa dimetilanilina, oxidación á indamina e ciclación para dar a tiazina: class=skin-invert-image|600px Propúxose un procedemento electroquímico verde, que usa só a dimetil-4-fenilenediamina e ións sulfuro.

Propiedades de absorción de luz miniatura|Espectro de absorción do azul de metileno, en termos do coeficiente de extinción molar (logaritmo en base 10). Neste conxunto de datos, obsérvase un pico de absorbancia de 1,7 (é dicir, do 98 % de luz transmitida absorbida) con luz de 665 nm pasando a través de 1 cm de solución de azul de metileno 10 micromolar.

A absorción de luz máxima é próxima aos 670 nm. Os detalles da absorción dependen de varios factores, incluíndo a protonación, a adsorción para outros materiais, e metacromasia ou formación de dímeros e agregados de maior orde dependendo da concentración e outras interaccións:

Especies (MB = azul de metileno)Pico de absorciónCoeficiente de extinción (dm3/mol·cm) MB+ (solución) 664 95000 MBH2+ (solución) 741 76000 (MB+)2 (solución) 605 132000 (MB+)3 (solución) 580 110000 MB+ (adsorbido en arxila) 673 116000 MBH2+ (adsorbido en arxila) 763 86000 (MB+)2 (adsorbido en arxila) 596 80000 (MB+)3 (adsorbido en arxila) 570 114000

Propiedades redox