Creature Comforts é unha curtametraxe animada británica de 1989 dirixida por Nick Park. O éxito da curtametraxe xerou unha serie de televisión de stop-motion.. Foi creada por Nick Park e Aardman Animations. O filme converteuse na base dunha serie de anuncios de televisión para as compañías eléctricas do Reino Unido. En 2003, estreouse unha serie de televisión do mesmo estilo. Tamén se fixo unha versión estadounidense da serie. Unha secuela, "Things We Love", emitiuse por primeira vez en BBC One en 2024.

Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 63ª edición dos premios.

Notas

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos Nick Park Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada