Consuelo Rodríguez López, coñecida na guerrilla como Chelo, nada en Soulecín (Santigoso, O Barco de Valdeorras) o 19 de outubro de 1919"Sergio Peñamaría de Llano, un alcalde franquista con rúa na Coruña", en Praza Pública, 4 de abril de 2018. e finada na Illa de Ré o 18 de xullo de 2019, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria Nada no seo dunha familia acomodada grazas aos recursos que lograra o pai en Cuba. Porén, a guerra civil española deulle un xiro á súa vida a causa da cruel represión que se desatou en contra da súa familia; foi por isto polo que se uniu aos do monte e se converteu na guerrilleira Chelo; tiña 17 anos, e a súa mentalidade de esquerdas nacera das manifestacións da República. O seu pai, Domingo Rodríguez, e súa nai, Alicia López, foron fusilados en outubro de 1939 e perdeu catro irmáns (entre eles Alfonso Rodríguez López) na guerrilla.

Coa súa irmá Antonia Rodríguez López actuaron como axentes do Servizo de Información Republicana (SIR), como enlaces da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Pasason varias veces polo cárcere, no Barco, Ponferrada e León. Ao comprobar que perigaba a súa vida, escaparon para o monte, á Cidade da Selva, situada nos montes da Serra do Eixo (Carballeda de Valdeorras), onde se encontraba o campamento base dos guerrilleiros. Alí continuou a súa relación co guerrilleiro asturiano Arcadio Ríos Rodríguez. O seu compañeiro Arcadio morreu a mans da Garda Civil o 26 de xullo de 1946 durante a celebración do Congreso de Reunificación de Casaio con Francisco Elvira Cuadrado.

Logrou pasar a Francia en 1949 onde residiu.

Recoñecemento En 2004 o Concello do Barco de Valdeorras colocou unha placa en Soulecín en memoria de seus pais. En 2019 foi recoñecido o seu labor co Premio Mártires da Liberdade, convocado pola Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro en Carral.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes