George Severeanu, nado en Bucarest o 26 de xullo de 1879 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1939, foi un radiólogo romanés, un dos fundadores da radioloxía médica, coñecido tamén pola súa actividade como coleccionista de moedas e antigüidades, e estudoso numismático.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Nado en Bucarest o 26 de xullo de 1879, era fillo do cirurxián Constantin C. Dimitrescu Severeanu,Astancăi, G. (1971). Páxina 373. profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Bucarest e construtor do primeiro aparello de raios X de Röntgen en Romanía, en 1896."Muzeul George Severeanu – pasiunea unui doctor". Amfostacolo.roStoica, M. (2018).

Cursou a súa educación secundaria no Instituto de San Sava, de Bucarest e, logo de se graduar en 1897, ingresou ese mesmo ano na Facultade de Medicina da Universidade de Bucarest. En 1904 acadou o título de doutor en Medicina e Cirurxía, cunha tese titulada "Circulación arterial dos hemisferios cerebrais", que recibiu o premio Alexandru Cristescu, outorgado pola Facultade de Medicina. Logo especializouse en Radioloxía asistindo a estadías formativas en Viena e en Berlín.

Radioloxía médica En 1907 accedeu ao posto de xefe do Laboratorio Central de Radioloxía e Electricidade Médica do Hospital Brâncovenesc. En 1923 foi nomeado profesor do departamento de Radioloxía da Facultade de Medicina de Bucarest e en 1932 profesor asociado, posto que ocupou ata o seu falecemento.

Severeanu foi un asiduo participante dos Congresos de Fisioterapia, como o de París de 1910, o de Estocolmo de 1928 ou o de Belgrado de 1935, e en 1936 encomendóuselle a presidencia do Congreso Nacional de Radioloxía e Electroloxía Médica, celebrado en Bucarest, co gallo do décimo aniversario da Sociedade Romanesa de Radioloxía e Electroloxía Médica.Revista România Medicală. Novembro de 1936.

Numismática e outros intereses Apaixonado pola historia, Severeanu era desde a súa infancia coleccionista de obxectos antigos de diversas épocas históricas, e tamén un entusiasta numismático,Astancăi, G. (1971). Páxina 374. o que o levou a ser un dos fundadores da Sociedade Numismática Romanesa en 1903,Astancăi, G. (1971). Páxina 376. entidade da que foi secretario xeral durante case 20 anos, entre 1913 e 1932. Igualmente foi o editor do boletín publicado pola Sociedade, entre os anos 1905 e 1913.

George Severeanu foi tamén, entre os anos 1933 e 1938, o primeiro director do Museo Municipal de Bucarest, inaugurado en 1931. Xunto cun comité de especialistas, en 1935 fundou a Bucureștii: Revista Muzeului și Pinacotecii Muzeului Municipiului București ("Bucarestii: Revista dos Museos e as Galerías de Arte de Bucarest"), que se mantivo activa ata 1937.Astancăi, G. (1971). Páxina 377.

Logo do pasamento de Severeanu en setembro de 1939 e respectando os seus desexos, a súa esposa, Maria Lerescu, finalizou o 9 de decembro dese mesmo ano o proceso de doazón das súas coleccións ao Municipio de Bucarest, e posteriormente pasaron a estar expostas na que fora a súa casa familiar, convertida no Museo Maria e George Severeanu.Stan, S. (2009). "Muzeul "Maria şi George Severeanu" (I)". Jurnalul.ro. 21 de marzo.Stan, S. (2009). "Muzeul "Maria şi George Severeanu" (II)". Jurnalul.ro. 28 de marzo.

Publicacións

Nas referencias adxuntas pódese acceder ao repertorio de traballos publicados polo profesor George Severeanu ao longo da súa traxectoria, que ascende a máis de 60 referencias."Lista lucrarilor". En Astancăi, G. (1971). Páxinas 377-379."Severenau, George". Bibliografia românească modernă (Old.biblacad.ro).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Astancăi, G. (1971). "Profesor agregat doctor George Severeanu 1879-1939". En Muzeul de istorie a municipiului Bucarești, VIII. Páxinas 373-380. Stoica, M. (2018). "George Severeanu, pionierul radiologiei din România care şi-a umplut casa de tezaure". En Descopera.ro. 27 de agosto. Vasile, O. (2016). "O istorie a ceramicii preistorice din Colectia Maria și dr. George Severeanu". En Revista de Cercetări Arheologice şi Numismatice. Nº 2. Páxinas 11-23.

Ligazóns externas The George Severeanu Museum

Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en Romanía Categoría:Médicos de Romanía Categoría:Numismáticos de Romanía Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade de Bucarest Categoría:Profesores da Universidade de Bucarest Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes