frame|dereita|un scanner MRI A física médica é unha rama da física aplicada relativa á aplicación da Física á Medicina. Adoita estar relacionada á imaxe médica e á radioterapia, aínda que un físico médico poida traballar tamén noutras áreas do coidado da saúde. Un departamento de física médica pode ter a súa base nun hospital ou nunha universidade, e o seu traballo acostuma incluír investigación, desenvolvemento técnico e saúde clínica.
Imaxe médica
Radioloxía diagnóstica, incluíndo raios X, fluoroscopía, mamografía, Absorciometría dual de raios X, anxiografía e tomografía computadorizada. Ultrasóns, incluíndo ultrasóns intravasculares Radiacións non ionizantes (Láser, Ultravioleta etc.) Medicina nuclear, incluíndo SPECT e tomografía por emisión de positróns (PET) Imaxe de resonancia magnética (MRI), incluíndo inaxe de resonancia magnética funcional (fMRI) e outros métodos de neuroimaxe funcional do cerebro. Por exemplo, a resonancia magnética nuclear usa o fenómeno da resonancia nuclear para tomar imaxes do corpo humano. Magnetoencefalografía Tomografía de impedancia eléctrica Imaxe óptica difusa Tomografía de coherencia óptica
Tratamento de enfermidades Desfibrilación Ultrasóns de alta intensidade focalizada radioloxía interventiva radiación non ionizante Láser, Ultravioleta etc. incluíndo terapia fotodinámica e LASIK Medicina nuclear, incluíndo radioterapia de fonte non selada Photomedicina, o uso da luz para tratar e diagnosticar enfermidades Radioterapia Radioterapia de fonte selada Radiación de terahercios
Categoría:Física médica