miniatura|upright=1.35|Un lago subalpino na cordilleira das Cascadas, Washington, Estados Unidos. Os ecosistemas de montaña atópanse nas ladeiras das montañas. O clima alpino reinante nestas rexións afecta fortemente ao ecosistema porque as temperaturas baixan a medida que aumenta a altura, causando a estratificación do ecosistema. Esta estratificación é un factor crucial para definir a comunidade de plantas, biodiversidade, procesos metabólicos e dinámica dos ecosistemas montañeses. Os bosques de montaña densos son comúns a alturas moderadas, debido ás temperaturas moderadas e alta precipitación. A alturas maiores, o clima é máis duro, con temperaturas máis baixas e ventos máis fortes, o que impide o crecemento de árbores e causa que a comunidade de plantas transicione a pradeiras e matos de montaña ou a unha tundra alpina. Debido á condicións climáticas únicas dos ecosistemas de montaña, estes conteñen un gran número de especies endémicas. Os ecosistemas de montaña tamén mostran variacións nas utilidades ou servizos do ecosistema, o cal inclúe o almacenamento de cabono e a provisión de auga.

Zonas de vida miniatura|Área poboada con Betula pubescens a uns 750 m de altura en Trollheimen, típico de bosques subalpinos escandinavos.

A medida que aumenta a altura, o clima faise máis frío, debido á diminución da presión atmosférica e o arrefriamento adiabático das masas de aire. En latitudes medias, o cambio no clima ao ascender 100 metros nunha montaña é aproximadamente equivalente a moverse 80 km (ou 0,75° de latitude) cara ao polo terrestre máis próximo. A flora e fauna característica nas montañas tende a depender fortemente da altura, debido ao cambio no clima. Esta dependencia causa a formación de zonas de vida: bandas de ecosistemas similares ás mesmas alturas.

Unha das zonas de vida típicas nas montañas é o bosque de montaña: a alturas moderadas a precipitación e o clima temperado favorece o crecemento de bosques densos. Holdridge define o clima do bosque de montaña como propio de biotemperaturas entre 6 e 12 °C, onde a biotemperatura é a temperatura media considerando as temperaturas por baixo de 0 °C como 0 °C. Sobre a elevación do bosque de montaña, as árbores fanse máis finos na zona subalpina, convértense no que se chama krummholz retortos, e finalmente deixan de medrar. Por tanto, os bosques de montaña adoitan conter árbores con troncos retortos. Este fenómeno débese ao incremento da forza do vento coa altura. A altura á que as árbores deixan de crecer denomínase liña de árbores. A biotemperatura da zona subalpina está entre 3 e 6 °C. miniatura|esquerda|Altura á que se encontra a liña de árbores coa latitude.

Sobre a liña de árbores o ecosistema chámase zona alpina ou tundra alpina, dominada por herbas e arbustos de crecemento lento. A biotemperatura da zona alpina está entre os 1,5 e 3 °C. No ambiente da zona alpina viven moitas especies de plantas, incluíndo herbáceas perennes, ciperáceas, non-graminoides, plantas en coxín, musgos e liques. As plantas alpinas deben adaptarse ás duras condicións do ambiente alpino, caracterizadas por temperaturas baixas, sequidade, radiación ultravioleta e unha estación de crecemento curta. As plantas alpinas mostran adaptacións como estruturas en roseta, superficies cerosas e follas peludas. Debido ás características comúns destas zonas, o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) agrupa un conxunto de ecorrexións relacionadas na denominación bioma de "pradeiras e matos de montaña". Unha rexión nas montañas Hengduan lindantes coa meseta do Tíbet asiática foron identificadas como o ecosistema alpino continuo máis antigo do mundo cunha comunidade de 3.000 especies de plantas, algunhas das cales levan coexistindo ininterrompidamente desde hai 30 millóns de anos.

Os climas con biotemperaturas por debaixo de 1,5 °C tenden a crear paisaxes que consisten puramente en rochas e xeo.

Bosques de montaña miniatura|Waimea Canyon, Hawaii, é coñecido pola súa vexetación de montaña. Os bosques de montaña crecen entre a zona submontana e a zona subalpina. A altura á cal se cambia dun hábitat a outro varía segundo a parte do mundo, especialmente debido á latitude. O límite superior dos bosques de montaña, a liña de árbores, adoita estar marcada por un cambio a especies máis resistentes que se produce en áreas menos densas do bosque. Por exemplo, en Serra Nevada en California, o bosque de montaña ten áreas densas do piñeiro Pinus contorta e do abeto Abies magnifica, mentres que a zona subalpina de Serra Nevada contén arboredos pouco densos do piñeiro Pinus albicaulis.

O límite inferior da zona montañosa pode ser unha "liña arbórea inferior" que separa o bosque de montaña das rexións máis secas de estepa ou deserto.

Os bosques de montaña difiren dos bosques de terras baixas da mesma área. O clima dos bosques de montaña é máis frío que o das terras baixas da mesma latitude, de tal xeito que os bosques de montaña adoitan ter especies típicas de bosques de terras baixas de latitudes maiores. Os actividades humanas poden alterar os bosques de montaña debido á explotación forestal e a agricultura. En montañas illadas, os bosques de montaña rodeados de rexións secas desprovistas de árbores son típicos ecosistemas de "illas no ceo".

Clima temperado miniatura|esquerda|Bosque de montaña temperado en Baviera, Alemaña. Os bosques de montaña de climas temperados son normalmente un bosque de coníferas temperado ou un bosque de folla ancha e mixto temperado, que son tipos de bosques ben coñecidos de Europa e o nordés de América do Norte. Os bosques de montaña fóra de Europa tenden a ser máis ricos en especies, porque Europa durante o Plistoceno ofrecía unha área de refuxio máis pequena ante os glaciares.

Os bosques de montaña en climas temperados aparecen en Europa (os Alpes, Cárpatos e outros lugares), en América do Norte (por exemplo, os Apalaches, Montañas Rochosas, cordilleira das Cascadas e Serra Nevada), América do Sur, Nova Zelandia, e os Himalaias.

Predise que o cambio climático afectará os bosques de montaña temperados. Por exemplo, no noroeste do Pacífico de América do Norte, o cambio climático pode causar unha "posible redución da capa de neve, maiores niveis de evapotranspiración, e aumento da seca no verán", o que afectará negativamente as zonas húmidas de montaña.

Clima mediterráneo miniatura|Mato arbustivo con carballos iraniano nos Montes Zagros. Os bosques de montaña no clima mediteráneo son cálidos e secos excepto en inverno cando son relativamente húmidos e con temperaturas suaves. Os bosque de montaña localizados en zonas de clima mediterráneo, coñecidos como oro-mediterráneos, presentan árbores de grande altura xunto con elevada biomasa. Estes bosques son normalmente mixtos de coníferas e árbores de folla ancha, con só unhas poucas especies de coníferas. Os Pinus (piñeiros) e Juniperus (xenebreiros) son árbores típicas destes bosques. As árbores de folla ancha presentan máis variedade e son a miúdo perennes, como os carballos perennes.

Este tipo de bosque atópase na cunca mediterránea, norte de África, México, o suroeste dos Estados Unidos, Irán, Paquistán e Afganistán.

Clima subtropical e tropical miniatura|Bosques de montaña tropicais aos 2.000 m de altura en Malaisia

Nos trópicos, os bosques de montaña poden consistir en bosques de folla ancha ademais de bosques de coníferas. Un exemplo de bosque de montaña tropical é un bosque nubrado, que obtén a súa humidade das nubes e néboas. Os bosques nubrados adoitan mostrar unha abundancia de musgos cubrindo o chan e a vexetación, e nese caso tamén se denominan bosques musgosos. Os bosques musgosos xeralmente desenvólvense en montañas con portelas, onde a humidade introducida polas nubes estancadas retense de forma máis efectiva. Dependendo da latitude, o límite inferior dos bosques pluviais de montaña en montañas grandes está xeralmente entre os 1.500 e os 2.500 m, mentres que o límite superior adoita estar entre 2.400 e 3.300 m.

Os bosques de montaña tropicais poderían mostrar unha alta sensibilidade ao cambio climático. O cambio climático pode causar variacións na temperatura, precipitación e humidade, o cal causa estrés nos bosques de montaña tropicais. Os impactos preditos do cambio climático poderían afectar significativamente a perda de biodiversidade e poderían causar un cambio de especies e na dinámica da comunidade. Os modelos do clima globais predín unha redución da nubosidade no futuro. Esta redución pode estar xa afectando o bosque nubrado de Monteverde de Costa Rica.

Zona subalpina

A zona subalpina é a zona biótica inmediatamente por debaixo da liña de árbores arredor do mundo. Nas rexións tropicais do sueste asiático a liña de árbores pode estar por riba dos 4.000 m, p. 178. mentres que en países ao norte como Escocia pode estar a só 450 m de altura. fig. 1. As especies que aparecen nesta zona dependen da localización da zona na Terra; por exemplo, Pinus mugo vive en Europa, o Eucalyptus pauciflora en Australia, e o lárice Larix lyallii, a tsuga Tsuga mertensiana, e o abeto Abies lasiocarpa no oeste de América do Norte. miniatura|esquerda|Abies lasiocarpa no Parque Nacional de Monte Rainier, Washington, Estados Unidos.

As árbores na zona subalpina a miúdo fanse retortos ou atrofiados (o que se designa co termo alemán krummholz). Na liña de árbores, as plántulas de árbores poden xermolar no lado de sotavento das rochas e crecen só ata a altura na que as rochas lle ofrecen protección contra o vento. O resto do crecemento é máis horizontal que vertical, e poden producirse enraizamentos adicionais alí onde as pólas tocan o chan. A cuberta de neve pode protexer as árbores krummholz durante o inverno, mais as pólas que son máis altas que as proteccións contra o vento ou as cubertas de neve quedan xeralmente destruídas. As árbores krummholz ben establecidas poden ter idades de varios centos ou miles de anos.

Na zona subalpina poden atoparse pradarías. Un exemplo son os Tuolumne Meadows de Sierra Nevada de California.

Exemplos de zonas subalpinas arredor do mundo son os Prealpes franceses en Europa, as zonas subalpinas de Sierra Nevada e as Montañas Rochosas en América do Norte, e os bosques subalpinos do leste do Himalaia, oeste do Himalaia e as montañas Hengduan de Asia.

Pradeiras e tundra alpinas miniatura|Flora alpina preto do Cascade Pass.

As pradeiras e tundras alpinas encóntranse por riba da liña de árbores, nun ambiente de intensa radiación, vento, frío, neve e xeo. Como consecuencia, a vexetación alpina vive preto do chan e consiste principalmente en herbas perennes, ciperáceas e herbas non-graminoides. As plantas anuais son raras neste ecosistema e normalmente son só de poucos centímetros de altura, con débiles sistemas radiculares.Este artigo incorpora material en dominio público do Grassland Habitat Group (PDF). Bureau of Land Management. Arquivado do orixinal (PDF) o 24 de xullo de 2008. Outras formas de vida vexetal comúns son os arbustos prostrados; graminoides que forman matas; e criptógamas, como as briófitas e os liques.