Fidel Varela Millán, nado en Esposende (Ribadavia) e finado no mesmo concello en maio de 1929, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Felipe Varela Rodríguez.La Monarquía, 26-8-1891, p. 3. Estudou Dereito na Universidade Central. Foi o home de Gabino Bugallal en Ribadavia. Xuíz municipal de Ribadavia. Deputado provincial. Foi gobernador civil de Castelló (1907) e de Cáceres (1907-1909).El Miño, 22-10-1908, p. 1. En 1913 foi nomeado gobernador civil de Murcia.Galicia Nueva, 2-11-1913, p. 2. Finou en Ribadavia a principios de maio de 1929.El Pueblo Gallego, 4-5-1929, p. 13. Vida persoal A súa irmá Julia Varela Millán, casada con Jesús García Espinosa, finou no Carballiño en setembro de 1891.La Monarquía, 28-9-1891, p. 2.
Casou con Lucila Formoso.El Correo de Galicia, 11-7-1907, p. 2.
Casou en segundas nupcias en Ribadavia con Carmen Gómez o 22 de novembro de 1924.El Diario de Pontevedra, 24-11-1924, p, 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Retrato de Fidel Varela Millán, dedicado a Ernique Otero Expediente académico de Fidel Varela Millán
Categoría:Avogados de Galicia
Categoría:Deputados provinciais de Ourense
Categoría:Gobernadores civís de Castelló Categoría:Gobernadores civís de Cáceres Categoría:Gobernadores civís de Murcia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1929