miniatura|Émile Boudier Jean Louis Émile Boudier (nado o 6 de xaneiro de 1828, en Garnay – finado o 4 de febreiro de 1920, en Blois) foi un farmacéutico que viviu en Montmorency, Francia. Publicou moitas obras sobre os Discomycetes e outras áreas da micoloxía. A miúdo usaba Émile como o seu primeiro nome.
Educouse na Escola de Farmacia de París, e en 1853, puxo unha farmacia en Enghien-les-Bains. Despois converteuse en encargado da farmacia do seu pai, onde traballou moitos anos. En 1878 retirouse da profesión de farmacéutico para dedicarse plenamente á investigación científica.BOUDIER Jean Louis Émile Sociétés savantes de France
Foi membro fundador da Sociedade Micolóxica de Francia (vicepresidente en 1884; presidente de 1887 a 1890) e membro honorario da Sociedade Micolóxica Británica.
Nomeou varias especies de fungos como Amanita franchetii, Disciotis venosa, Ptychoverpa bohemica e Trichoglossum hirsutum. miniatura|Ilustración de Megacollybia platyphylla feita por Émile Boudier, en Icones mycologicae.
En 1897 o botánico Pier Andrea Saccardo Sacc. publicou a descrición do xénero Boudierella, que é un xénero de fungos na familia Pyronemataceae, e nomeouno en honra de Jean Louis Émile Boudier.
A abreviación estándar como autor de taxons de fungos de Boudier é Boud.Inernational Plant Names Indes Boud.
Publicacións seleccionadas 1897: Révision analytique des morilles de France (Revisión taxonómica das pantorras de Francia). 1901: Influence de la nature du sol et les vegetaux qui y croissant sur le développement des champignons (Influencia da natureza do solo e as plantas que crecen nel sobre o desenvolvemento dos fungos). 1904-1909: Icones mycologicae ou iconographie des champignons de France, principalement Discomycètes (Debuxos micolóxicos ou iconografía dos cogomelos de Francia, especialmente os Discomycetes); esta é a obra magna de Boudier.A Brief History of Mycological Illustration Harvard University Herbaria 1907: Histoire et classification des Discomycètes d'Europe. (Historia e clasificación dos Discomycetes de Europa). 1911: La fresque de Plaincourault (Indre) (O fresco de Plaincourault (Indre).
Notas
Véxase tamén :Categoría:Taxons descritos por Jean Louis Émile Boudier
Ligazóns externas "Jean Louis Émile Boudier", Índice Histórico de Micólogos, Illinois Mycological Society.
Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Micólogos Categoría:Farmacéuticos de Francia Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1920