O Fondo Monetario Internacional (en , que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington (Estados Unidos de América). En 2010, durante a 14ª revisión xeral de cotas os fondos financeiros dispoñibles do FMI situábanse en 755 700 millóns de U.S. dólares.

A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstitos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington. As principais críticas céntranse no papel dominante que teñen os países desenvolvidos dentro do organismo, o que causa que o FMI oriente as súas políticas globais ó fomento do capitalismo neoliberal,Alexander, Titus (1996). Unravelling Global Apartheid: an overview of world politics. Polity press. p. 133. por mor de impor ós países en vías de desenvolvemento -e máis recentemente a algúns países europeos- os seus programas económicos. Os seus préstamos son realizados a cambio do cumprimento destes programas baseados no Consenso de Washington -redución do déficit e do gasto público-, as políticas monetaristas e o neoliberalismo,Chorev, Nistan; Sarah Babb (June 2009). The crisis of neoliberalism and the future of international institutions: a comparison of the IMF and the WTO. Springer Science and Busiess Media. o que segundo os seus críticos provocou un aumento da fenda entre ricos e pobres e un empeoramento dos servizos públicos, como a sanidade.Hertz, Noreena. The Debt Threat. Nueva York: Harper Collins Publishers, 2004. Tamén está acusada de apoiar e financiar ás ditaduras militares en Latinoamérica e África, e tamén se criticaron puntualmente as súas políticas sobre medio ambiente e alimentación.

Historia miniatura|A segunda sede. O FMI foi creado en xullo de 1944 durante a conferencia de acordos de Bretton Woods a fin de garantir a estabilidade do Sistema Monetario Internacional despois da segunda guerra mundial. Comezou a existir oficialmente o 27 de decembro de 1945, cando os primeiros 29 países ratificaron o convenio correspondente. Entre os seus obxectivos estaba impedir que as grandes potencias económicas caesen de novo na situación dos anos 30, durante un período onde as desvalorizacións da moeda e as decisións sobre políticas económicas crearan enormes tensións internacionais.

A nova orde económica que propuña o representante estadounidense e, segundo se soubo máis tarde, comunista e espía da Unión Soviética,Harry Dexter White, baseábase en tres regras:

Cada Estado debía definir a súa moeda en relación co ouro ou co dólar estadounidense. O valor da moeda debía flutuar unicamente nunha marxe de 1 % con relación á súa paridade oficial. Cada Estado estaba encargado de defender esta paridade velando polo equilibrio da balanza de pagamentos.

Por tanto, o papel do sistema monetario internacional é promover a ortodoxia monetaria para que se manteña un contexto favorable ao desenvolvemento do comercio mundial, tras conceder préstamos a algúns países en dificultades no contexto da reconstrución despois da segunda guerra mundial. Segundo os seus estatutos, os seus obxectivos son «fomentar a cooperación monetaria internacional; facilitar a expansión e o crecemento equilibrado do comercio internacional; fomentar a estabilidade cambiaria; contribuír a establecer un sistema multilateral de pagos para as transaccións correntes entre os países membros e eliminar as restricións cambiarias que dificulten a expansión do comercio mundial; dar confianza aos países membros poñendo á súa disposición temporalmente e coas garantías adecuadas os recursos do Fondo, dándolles así oportunidade de que corrixan os desequilibrios das súas balanzas de pagos sen recorrer a medidas prexudiciais para a prosperidade nacional ou internacional, para acurtar a duración e minorar o desequilibrio das súas balanzas de pagos».Convenio constitutivo del FMI.

O FMI é máis ou menos, complementario doutras grandes institucións económicas da época como o Banco Mundial, o BIRD (Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento), creados ao mesmo tempo, e o Acordo Xeral sobre Aranceis GATT asinado pouco tempo despois.

Durante as negociacións de Bretton Woods, o representante británico, o economista John Maynard Keynes, suxeriu a creación dunha institución máis importante, unha verdadeira Banca Central Mundial que emitise unha moeda internacional, o "Bancor". Esta proposición foi rexeitada porque significaría para os Estados Unidos, unha perda da súa influencia co dólar.Martín Millán, L. "“Bancor”: La Moneda Global del Fondo Monetario Internacional ". En Geopolitico.es. 30 de agosto de 2010.

Estrutura organizativa do FMI Os órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director). O Consello de Gobernadores reúnese, por norma, unha vez ao ano e as súas funcións son en boa medida delegadas ao Consello Executivo, que é permanente.

Dos membros do Consello Executivo 5 son permanentes e pertencen aos 5 Estados que contribúen coa maior cota ao Fondo (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Francia e o Reino Unido), entanto os outros son elixidos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional).

O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.

O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devindicada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto.

Diferenzas entre o FMI e o Banco Mundial Hai certa confusión entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstitos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os solicitantes (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstitos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstitos han ser pagados nun prazo de 5 anos.

Directores administrativos Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.

miniatura|Kristalina Gueorguieva, actual directora do Fondo Monetario Internacional Datas Nome Nacionalidade 6 de maio de 1946 - 5 de maio de 1951 Camille Gutt 3 de agosto de 1951 - 3 de outubro de 1956 Ivar Rooth 21 de novembro de 1956 - 5 de maio de 1963 Per Jacobsson 1 de setembro de 1963 - 31 de agosto de 1973 Pierre-Paul Schweitzer 1 de setembro de 1973 - 16 de xuño de 1978 Johannes Witteveen 17 de xuño de 1978 - 15 de febreiro de 1987 Jacques de Larosière 16 de febreiro de 1987 - 14 de febreiro de 2000 Michel Camdessus 1 de maio de 2000 - 4 de marzo de 2004 Horst Köhler 4 de marzo de 2004 - 7 de xuño de 2004 (interina) Anne Osborn Krueger 7 de xuño de 2004 - 31 de outubro de 2007 Rodrigo Rato 1 de novembro de 2007 - 18 de maio de 2011 Dominique Strauss-Kahn 18 de maio de 2011 - 5 de xullo de 2011 (interino) John Lipsky 5 de xullo de 2011 - 12 de setembro de 2019 Christine Lagarde 2 de xullo de 2019 - 1 de outubro de 2019 (interino)David Lipton1 de outubro de 2019 - actualidadeKristalina Gueorguieva

Rexurdimento No cume do G20 de 2009, o Fondo Monetario Internacional cuadriplicaba a súa capacidade financeira a mil millóns de dólares. Ademais encargóuselle supervisar se os países estimulaban suficientemente as súas economías e se estaban a reformar os seus sistemas reguladores, ademais de alertar sobre os problemas financeiros.L'FMI és el gran triomfador de la cimera, 7 de abril de 2009, Bob Davis The Wall Street Journal Preto de 500.000 millóns de dólares serían destinados a rescatar as economías en problemasJuntament amb nous recursos, el FMI assumeix més riscos polítics, 30 de abril de 2009, Bob Davis The Wall Street Journal e o organismo dispón dunha liña de crédito que non esixe ós debedores levar a cabo reformas económicas impopulares, como a redución do gasto fiscal, aínda que só algúns países poden optar a este tipo de crédito. Para os outros países, o fondo obrigará a que se reduzan os gastos fiscais ou se eleven as taxas de interese aínda que tratará de protexer os programas para os máis pobres.

En marzo de 2008 as accións con dereito a voto dos países en desenvolvemento ó Fondo Monetario Internacional crecerían en 5,4 puntos porcentuais. Para Brasil, isto significa un 1,7%. A participación da China é de 3,8%. Estes aumentos marxinais aínda non se fixeron efectivos.Els països BRIC busquen més influència, 30 de abril de 2009, Bob Davis The Wall Street Journal Durante a reunión do Fondo Monetario Internacional en abril, os países encargáronlle a misión de combater a recesión global e impedir que se producisen novas recesións. Por iso último, levouse a cabo unha proba do sistema de advertencia temperá, dando advertencias e ditando políticas ós países de maneira privada.

Reformas Modernizar as condicións: as condicións dos préstamos serán obxectivos precisos e os criterios de execución estrutural eliminaranse de tódolos programas. Liña de Crédito Flexible: para países con fundamentos políticos e económicos sólidos. Non están suxeitos ós obxectivos de políticas acordados polo país, os seus prazos de reembolso son de 3 anos e medio a 5, son renovables e son para o uso da balanza de pagamentos e continxencias. Fortalecer os acordos stand-by: con maior flexibilidade. Duplicación dos límites do acceso ó financiamento: os novos límites anuais e acumulativos de acceso ó financiamento non concesionario do FMI son de 200% e 600% da cota, respectivamente. El FMI reestructura sus mecanismos de crédito para ayudar a los países a afrontar la crisis, 2009 Simplificar os custos e vencementos Simplificar os servizos: eliminaranse os servizos pouco utilizados que serán incluídos nas LCF (liñas de crédito flexible). Reforma dos servizos para os países de baixos ingresos.

Críticas á acción do FMI Con todo, as súas políticas (especialmente, as condicións que impón ós países en vías de desenvolvemento para o pago da súa débeda ou en outorgar novos préstamos) foron severamente cuestionadas como causantes de regresións na distribución das rendas e prexuízos ás políticas sociais. Algunhas das críticas máis intensas partiron de Joseph Stiglitz, economista xefe do Banco Mundial de 1997 a 2000 e Premio Nobel de Economía 2001.El malestar en la globalización, Taurus, Madrid, 2002. ISBN 978-84-306-0478-4

Algunhas das políticas criticadas son: Saneamento do orzamento público a expensas do gasto social. O FMI apunta que o Estado non debe outorgar subsidios ou asumir gastos de grupos que poden pagar polas súas prestacións, aínda que na práctica isto resulte na diminución dos servizos sociais aos sectores que non están en condicións de pagalos. Xeración de superávit primario suficiente para cubrir os compromisos de débeda externa. Eliminación de subsidios, tanto na actividade produtiva como nos servizos sociais, xunto coa redución dos aranceis.