A hiperglicemia é unha condición na que no sangue hai cantidades anormalmente altas de glicosa. Defínese como un nivel sanguíneo de glicosa superior a 6,9 mmol/L (125 mg/dL) despois de estar en xaxún 8 horas ou a 10 mmol/L (180 mg/dL) dúas horas despois de comer.
Etimoloxía O termo procede do prefixo grego ὑπέρ- hyper- 'sobre-', e das raíces γλυκός glycos 'viño doce', e, αἷμα haima 'sangue', co sufixo -ία, -εια -ia usado para nomes abstractos femininos.
Indicacións do nivel de glicosa sanguíneo +CondiciónRango dos niveis de azucre sanguíneosTempo de medidaNormalentre 3,9 mmol/L (70 mg/dL) e 5,6 mmol/L (100 mg/dL)Xaxún 8 horasnon superando os 7,8 mmol/L (140 mg/dL)Postprandial 2 horasRelativamente altaentre 5,6 mmol/L (100 mg/dL) e 6,9 mmol/L (125 mg/dL)Xaxún 8 horasentre 7,8 mmol/L (140 mg/dL) e 10 mmol/L (180 mg/dL)Postprandial 2 horasHiperglicemiapor riba de 6,9 mmol/L (125 mg/dL)Xaxún 8 horaspor riba de 10 mmol/L (180 mg/dL)Postprandial 2 horas
Aos pacientes diabéticos recoméndaselles evitar superar o limiar postprandial recomendado de 160 mg/dL (8,89 mmol/L) para un control glicémico óptimo. Os valores de azucre en sangue maiores de 160 mg/dL clasifícanse como hiperglicemia "moi alta", unha condición na cal circula unha cantidade excesiva de glicosa (glicotoxicidade) no plasma sanguíneo. Estes valores son maiores que o limiar renal de 10 mmol/L (180 mg/dL) ata o cal a reabsorción de glicosa mantense en taxas fisiolóxicas e a terapia de insulina non é necesaria. Os valores de glicosa sanguínea maiores do nivel límite de 11,1 mmol/L (200 mg/dL) utilízanse para diagnosticar a diabetes melitus tipo 2 (DMT2) e están fortemente asociados con trastornos metabólicos, aínda que os síntomas poden non empezar a ser detectables mesmo ata valores máis altos como 13,9–16,7 mmol/L (~250–300 mg/dL). Un individuo cuns valores de glicosa sanguínea consistentes entre 5,6–7 mmol/L (~100–126 mg/dL) (segundo as directrices da American Diabetes Association) considérase lixeiramente hiperglicémico, e por riba de 7 mmol/L (126 mg/dL) considérase xeralmente que ten diabetes. Para os diabéticos os niveis de glicosa que se consideran demasiado hiperglicémicos poden variar de persoa a persoa, principalmene debido ao limiar renal da glicosa da persoa e a tolerancia á glicosa global. Como media, niveis crónicos por riba de 10–12 mmol/L (180–216 mg/dL) poden producir danos significativos nos órganos co tempo.
Signos e síntomas O grao de hiperglicemia pode cambiar co tempo dependendo da causa metabólica, por exemplo, a alteración da tolerancia á glicosa ou glicosa no xaxún, e pode depender do tratamento. A hiperglicemia temporal adoita ser benigna e asintomática. Os niveis de glicosa sanguínea poden elevarse bastante por riba do normal e causar cambios patolóxicos e funcionais durante períodos significativos sen produciren ningún efecto ou síntoma permanentes. Durante este período asintomático, pode producirse unha anormalidade no metabolismo de carbohidratos, o cal pode ser testado medindo a glicosa no plasma. A hiperglicemia crónica por riba dos niveis normais pode producir unha variedade moi ampla de complicacións graves nun período de anos, como danos renais, neurolóxicos, cardiovasculares, na retina ou en pés e pernas. A neuropatía diabética pode ser o resultado da hiperglicemia a longo prazo. Poden ocorrer alteracións do crecemento e susceptibilidade a certas infeccións como resultado da hiperglicemia crónica.
A hiperglicemia aguda con niveis de glicosa que son extremadamente altos é unha emerxencia médica e pode producir rapidamene graves complcacións (como perda de líquidos por diurese osmótica). Dáse a miúdo en persoas con deabetes insulino-dependente non controlada.
Os seguintes síntomas poden estar asociados coa hiperglicemia aguda ou crónica, e os tres primeiros constitúen a tríade hiperglicémica clásica: Polifaxia – fame frecuente, fame especialmente pronunciada Polidipsia – sede frecuente, sede especialmente excesiva Poliuria – aumento do volume da urina (non un incremento da frecuencia da micción, aínda que tamén é unha consecuencia común) Visión borrosa Fatiga Axitación Non se mantén o peso: perda de peso ou aumento de peso Mala curación das feridas (cortes, rabuñazos etc.) Boca seca Pel seca ou con proídos Formigo en pés e talóns Disfunción eréctil Infeccións recorrentes, infeccións do oído externo (otite externa) Atraso do baleirado gástrico Arritmia cardíaca Estupor Coma Convulsións
A fame frecuente sen outros síntomas pode tamén indicar que o nivel de azucre sanguíneo é demasiado baixo. Isto pode ocorrer cando persoas que son diabéticas toman demasiada medicación hipoglicémica ou insulina para a cantidade de comida que comen. A baixada resultante do nivel de azucre sanguíneo por debaixo do valor normal produce unha resposta de fame.
A polidipsia e poliuria prodúcense cando os niveis de glicosa aumentan dabondo como para resultar nunha excreción do exceso de glicosa polos riles, o cal orixina glicosuria (presenza de glicosa na urina). Isto produce unha diurese osmótica.
Signos e síntomas da cetoacidose diabética son: Cetoacidose Respiración de Kussmaul (respiración rápida e profunda) Confusión ou unha diminución do nivel de consciencia Deshidratación debida á glicosuria e diurese osmótica Aumento da sede Cheiro "frutal" do alento (presenza de acetona) Sensación de dozura que se sente na boca sen razón Náuseas e vómitos Dor abdominal Alteración das funcións cognitivas, xunto con aumento da tristura e ansiedade Perda de peso
A hiperglicemia causa unha diminución do rendemento cognitivo, concretamente na velocidade de procesamento, función executiva e rendemento. A diminución do rendemento cognitivo pode causar perdas de memoria e de concentración.
Complicacións Na hiperglicemia non tratada, pode desenvolverse unha condición chamada cetoacidose porque os niveis de insulina baixos incrementan a actividade da lipase sensible a hormona. A degradación dos triacilglicéridos pola lipase sensible a hormona produce ácidos graxos que son finalmente convertidos en acetil-CoA por beta-oxidación.
A cetoacidose é unha condición que pode ser mortal, o cal require un tratamento inmediato. Os síntomas inclúen: dificultades respiratorias, alento con cheiro frutal, náuseas e vómitos e boca moi seca. A hipergliemia crónica dana o corazón en pacientes sen unha historia de doenzas cardíacas ou diabetes e está fortemente asociado cun ataque ao corazón e morte en suxeitos sen enfermidade cardíaca coronaria ou historia de insuficiencia cardíaca.
Ademais, unha consecuencia da hiperglicemia que pode poñer en perigo a vida pode ser a sindrome hiperosmolar non cetótica.
A hiperglicemia perioperativa foi asociada coa inmunosupresión, aumento de infeccións, diurese osmótica, atraso na curación das feridas, atraso no baleirado gástrico, estimulación simpato-adrenérxica e incremento da mortalidade. Ademais, reduce o éxito dos enxertos de pel, exacerba os danos no cerebro, medula espiñal e riles por isquemia, empeora os resultados neurolóxicos e as lesións traumáticas na cabeza, e está asociada coa disfunción cognitiva postoperatoria despois de CABGCABG = coronary artery bypass grafting = enxerto de bypass de arteria coronaria. (bypass coronario).Miller, Miller's Anesthesia, 7ª edición, pp. 1716, 2674, 2809.
Ademais, a hiperglicemia foi ligada ao aumento da susceptibilidade a un conxunto de doenzas infecciosas. Esta susceptibilidade pode atribuírse á distorsión da resposta do sistema inmunitario, que con frecuencia está comprometido en condicións hiperglicémicas. A hiperglicemia tamén orixina cambios bioquímicos no corpo; ambos os factores resultan no aumento da gravidade das infeccións respiratorias e a vulnerabilidade aos patóxenos. Os individuos hiperglicémicos teñen o risco máis pronunciado por ese tipo de doenzas, como a tuberculose, arrefriados, e COVID-19. Estes riscos poden ser agravados aínda máis polos efectos do estrés fisiolóxico.
Un feito importante é que a hiperglicemia afecta a función dos neutrófilos, que son os leucocitos que responden á infección. En individuo hiperglicémicos, a capacidade dos neutrófilos de se desprazaren cara aos sitios de infección, fagocitaren as bacterias, e matalas adoita estar alterada, causando unha redución da efectividade da loita contra as infeccións.
A hiperglicemia tamén crea cambios microbiolóxicos no corpo: pode causar cambios rápidos no pH do sangue e a viscosidade celular, debilitando as células e favorecendo que os axentes infecciosos prosperen e suavicen as respostas inflamatorias. Isto débese a que a hiperglicemia afecta algúns factores como o microambiente das células inmunitarias ou mesmo a subministración de enerxía ás bacterias, engadindo estrés ao metabolismo de proliferación bacteriana.
O estado inflamatorio crónico inducido polos niveis altos de glicosa pode orixinar tamén disfuncións en varias partes do sistema inmunitario. Por exemplo, os produtos finais da glicación avanzada, que son máis frecuentes en condicións hiperglicémicas, poden interferir coa función normal do sistema inmunitario e contribuíren á patoxénese das infeccións. Os produtos finais da glicación avanzada, cuxas interaccións son permanentes, continuarán danando os tecidos circundantes ata que as proteínas sexan destruídas. Ademais, poden interaccionar co receptor RAGE para causar estrés oxidativo, apoptose e inflamación.
Debido aos cambios nos neutrófilos, aos cambios microbiolóxicos e á inflamación crónica, os pacientes con hiperglicemia son máis propensos a infeccións respiratorias graves. Este aumento do risco é especialmente pronunciado con patóxenos como Mycobacterium tuberculosis (a bacteria causante da tuberculose) e os arrefriados. Na historia recente, os individuos hiperglicémicos responderon de forma máis grave aos síntomas da COVID-19. Outro exemplo é a diabetes. A hiperglicemia e o risco de resultados graves de infeccións poden incluso complicarse máis polo estrés fisiolóxico. Por exemplo, os niveis de glicosa sanguínea elevados poden contribuír activamente á fisiopatoloxía desta doenza, ao exacerbaren a infalmación existente, distorsionado as respostas inmunes celulares, e incrementando o estrés oxidativo, o cal tamén pode causar unha infección máis grave. Ademais, os paciente con hiperglicemia aguda que non teñen unha historia de diabetes poden experimentar taxas altas de mortalidade e complicacións.
Os niveis hiperglicémicos postprandiais de ata 8,6 mmol/L (155 mg/dL) a 1 hora están asociados coas complicacións relacionadas coa diabetes mellitus tipo 2 (DMT2), que empeoran a medida que aumenta o grao da hiperglicemia.
Causas A hiperglicemia pode ser causada por: diabetes, varios trastornos endócrinos non diabéticos (como a resistencia á insulina e os trastornos de tiroide, adrenais, pancreáticos e pituitarios), a sepse e certas infeccións, doenzas intracraniais, como por exemplo, encefalite, tumores cerebrais (especialmente se están preto da glándula pituitaria), hemorraxias cerebrais e meninxite (frecuentemente pasadas por alto), convulsións, enfermidades terminais no último estadio, cirurxías prolongadas ou maiores, estrés, e comer cantidades excesivas de carbohidratos.
Endócrinas
A hiperglicemia persistente crónica é na maioría dos casos o resultado da diabetes. Varias hormonas actúan incrementan os niveis de glicosa sanguínea e poden así causar hiperglicemia cando están presentes en exceso, incluíndo: cortisol, catecolaminas, hormona do crecemento, glicagón, e hormonas tiroides. A hiperglicemia pode observarse en: síndrome de Cushing, feocromocitoma, acromegalia, hiperglicagonemia, e hipertiroidismo.
Diabetes mellitus