Pedro Gil de Vasconcelos, nado no Porto o 9 de novembro de 1965, é un escritor e xornalista portugués impulsor do Camiño de Santiago.
Traxectoria
É licenciado en Cinema e Audiovisuais pola ESAP – Escola Superior Artística do Porto. Empezou de xornalista en 1983 na Rádio Delírio, no Porto, e seguiu en AutoSport e Motor. En 1989 pasou a O Primeiro de Janeiro e participou na fundación da Rádio Nova. Desde 1991 colaborou coa RTP. En 2001 participou no lanzamento da tv NTV, tendo tamén iniciado a produción de contidos para televisión. Participou nos programas Velocidades e Completa Mente – Comunicação e Eventos, Lda.
Durante un tempo traballo no Corte Inglés na Gaia. Son proxectos seus o filme Teratron – As Cobaias (cinemas ZON) e os programas 4 Tempos (RTP3) e Romaria do Meu Coração (RTP1). Tamén participou na primeira serie de RTP, Bolsa de Emprego.
É autor de guións de longametraxes e traballa en proxectos de comunicación na área empresarial, como Portugal Bike Value, no seo da ABIMOTA, Salão do Automóvel Híbrido e Elétrico, Ecar Show, entre outros.
Realizou documentais que abordan a experiencia de facer o Caminho de Santiago, que é tamén protagonista da súa obra escrita, fíxoo arredor de quince veces por distintas rutas.
Obras
Caminhos que faço meus (2023). Ego Editora. 220 páxs. ISBN 9789893503041. Pedro Gil de Vasconcelos percorre os 320 km que separan a capital das Astúurias da capital da Galiza. O escritor de epitáfios (2025). Ed. Novembro. 280 páxs. ISBN 9789893607015. O Meu Caminho da Geira e Arrieiros - O Guia (2025). Ed. Novembro. 96 páxs. ISBN 9789893620854. Memorias deste Camiño de Santiago.
Documentais sobre o Camiño de Santiago
The Magic is Lost O Meu Caminho. Sobre o Caminho de Geira e dos Arrieiros, desde Braga a Santiago. Foi proxectado en festivais de Europa, América e Asia. Alzouse coa distinción á mellor curta independente nos Hollywood Gold Awards e o premio de prata como curtametraxe documental no New York Movie Awards. Suma así xa oito distincións internacionais. O Nosso Caminho
Notas
Categoría:Nados no Porto Categoría:Nados en 1965 Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Escritores en lingua portuguesa