Hugo Gonçalves, nado en Sintra o 9 de xullo de 1976, é un escritor e xornalista portugués.
Traxectoria Nado en Sintra, Portugal, o 9 de xullo de 1976. Estudou Comunicación Social no ISCSP e debutou como xornalista como membro fundador da revista Focus. No ano 2000, recibiu o Premio Revelación do Club de Prensa Portugués pola súa reportaxe "Esto es el fin del mundo", sobre as inundacións en Venezuela en decembro de 1999.
Escritor de varias novelas, recibiu o Premio Fernando Namora 2024 polo libro "Revolução". Autor de series de televisión como País Irmão (RTP) e Até que a vida nos separe (Netflix) , foi o guionista das tres tempadas da serie Rabo de Peixe (Netflix).
Viviu e foi correspondente de varias publicacións portuguesas en Nova York, Madrid e Río de Xaneiro.
Ao longo da súa carreira escribiu reportaxes e crónicas para o Jornal de Notícias, Diário Económico, o xornal i, Expresso, revista Visão, onde colaborou con "Crónica do Rio" e Diário de Notícias, onde escribiu as crónicas "Postais dos Trópicos" e "Máquina de escribir".
Obras publicadas
O Maior espectáculo do mundo (2004) O Coração dos homens (2006) Fado, samba e beijo com língua (2011) Enquanto Lisboa arde o Rio de Janeiro pega fogo (2013) Postais dos Trópicos - um português à solta no Rio de Janeiro (ebook) - (2015) O Caçador do Verão (2015) Filho da Mãe (2019)«Romance Revolução, de Hugo Gonçalves, vence o Prémio Literário Fernando Namora». Público. publico.pt. 31 de outubro de 2024. Consultado em 14 de novembro de 2024 Deus Pátria Família (2021) Revolução (2023) - Prémio Fernando Namora Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Crónica de Río, revista Visão Texto no xornal Globo sobre o 40 aniversario do 25 de abril Texto no xornal Globo sobre as manifestacións de 2013 no Brasil Texto da crítica Helena Vasconcelos sobre "O maior espectáculo do mundo" Texto da crítica Helena Vasconcelos sobre "O corazón dos homes" Entrevista co autor en RTP "O libro do día" , en TSF
Categoría:Nados en Portugal
Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Nados en Sintra Categoría:Nados en 1976 Categoría:Novelistas de Portugal